A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Lely presenta o novo Vector Next

A primeira exposición mundial do Vector Next terá lugar na Figan de Zaragoza do 25 ao 28 de marzo, unha oportunidade para descubrilo en exposición e obter unha explicación detallada do produto durante a feira.

Lely presenta o Vector MFR Next, o novo robot de alimentación que leva a alimentación automatizada e de precisión a un nivel superior.

Screenshot

O Vector Next ofrece aos gandeiros unha solución perfecta para optimizar a súa estratexia de alimentación e reducir substancialmente os custos da man de obra e a saúde do rabaño. Con este novo robot, Lely dá un paso máis cara á explotación do futuro.

O Vector MFR (mixing and feeding robot) Next conta cun eixo de transmisión sólido e un bastidor cunha capacidade de carga de alimento de ata 800 kg, un 35 % máis que a xeración anterior, o que fai desta máquina unha solución aínda máis adecuada para un maior número de explotacións.

Screenshot

As súas novas rodas motrices melloran a mobilidade, permitindo ao robot desprazarse con suavidade mesmo en pendentes de ata o 8 %. A súa autonomía optimizouse cunha batería de litio máis potente e un supercargador, ofrecendo un 10 % máis de capacidade de traballo.

O Vector MFR Next axuda aos gandeiros para optimizar a súa estratexia de alimentación cun sistema avanzado e automatizado que permite ás vacas acceder a alimento fresco tanto de día como de noite, as 24 horas do día e comendo o que cada vaca decida. Isto fomenta unha inxesta natural e un comportamento conforme ao seu propio ritmo individual. Ademais, favorece unha dixestión sa, o que pode contribuír a aumentar a produción de leite.
ScreenshotGrazas á alimentación de precisión que ofrece o Lely Vector Next, a dosificación de comida realízase de forma óptima por grupo de animais ou grupo de idade. Isto reduce a cantidade de alimento restante, axuda a aumentar a eficiencia alimentaria. A utilización óptima dos alimentos outorga ao gandeiro o mellor control posible sobre os custos de alimentación.  

A estratexia de alimentación é unha parte importante nas explotacións gandeiras. Unha estratexia de alimentación óptima adoita traducirse nun aumento da produción de leite ou de carne. Isto é máis fácil de conseguir coa alimentación automatizada que ofrece o Lely Vector Next.
ScreenshotO Vector Next adáptase a practicamente calquera tipo de granxa, tanto con pasillos de alimentación estreitos, múltiples establos ou terreos en pendente, grazas a que agora o novo Vector pode salvar pendentes de ata un 8%.

A cociña co novo Vector Next, ofrece mesmo, a posibilidade de cargar dous robots de alimentación de forma simultánea, de modo que agora o Vector pode utilizarse de forma aínda máis eficaz en explotacións con máis de 800 vacas.

O Vector Next incorpora conectividade avanzada con transmisión de datos en tempo real a través dunha conexión wifi optimizada. A nova aplicación Lely Control+ e Lely Horizon facilita o control remoto e permite aos gandeiros a supervisión da alimentación do seu rabaño directamente desde o seu Smartphone en tempo real.
ScreenshotAdemais, o Lely Vector é 100% eléctrico o que repercute directamente na redución da pegada de CO2 ao reducir o consumo de gasóleo, o que se traduce nunha contorna de traballo na explotación máis silenciosa e enerxéticamente máis eficiente.  

Tamén se mellorou a súa seguridade e deseño e, a maiores, agora o Vector Next empuxa o alimento cara á dereita e cara á esquerda, grazas ao seu novo motor de empuxe. Con esta nova máquina, Lely ofrece unha solución que combina potencia, conectividade e versatilidade, permitindo aos gandeiros mellorar a produtividade das súas granxas á vez que aforran tempo.

Screenshot

A primeira exposición mundial do Vector Next terá lugar na Figan de Zaragoza do 25 ao 28 de marzo, unha oportunidade para descubrilo en exposición e obter unha explicación detallada do produto durante a feira.

Tras a presentación do Lely Vector Next, Lely dá un paso máis na súa visión da explotación do futuro. As solucións da multinacional holandesa para as explotacións lácteas céntranse en cinco áreas de impacto, que se basean tanto nas necesidades dos gandeiros como nas dos consumidores. Deste xeito, desde Lely pretenden converter os retos de hoxe nas oportunidades do mañá. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *