A multinacional holandesa Lely inaugurou hoxe no polígono industrial de Santa Comba a súa nova delegación para a provincia da Coruña, que se suma á outra que ten en Galicia, no concello lugués de Outeiro de Rei.
A nova nave ocupa unha superficie de 1500 metros cadrados e permitirá reforzar os servizos que Lely ofrece na provincia da Coruña, onde neste momento ten instalados máis de 200 robots de muxido. En total, en Galicia hai instalados neste momento arredor de 500 robots de muxido e ao final de ano prevese chegar ás 600 unidades en funcionamento. Esta ampliación tamén suporá un incremento do cadro de persoal, que neste momento está en 50 persoas.
O acto de inauguración contou coa presenza dunhas 200 persoas, a maior parte gandeiros e traballadores de Lely. Tamén destacou a asistencia da conselleira do Medio Rural, María José Gómez, do alcalde de Santa Comba, Alberto Romar Landeira, así como de Óscar Entrecanales, copropietario de Lely Center-Trazo, e de Jean Bernard Duval, representante de Lely Industries.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, destacou o papel de Galicia como unha das rexións líderes en modernización gandeira a nivel nacional, situando ás granxas galegas á altura das máis punteiras de Europa.
Durante a súa intervención, a conselleira puxo en valor o labor de Lely ao achegar tecnoloxía que coida do benestar dos animais e facilita o día a día das persoas que traballan no campo. Engadiu tamén que instalacións como esta inaugurada en Santa Comba, ademais de axudar ás explotacións da zona a ser máis competitivas, contribúen a crear emprego e xerar oportunidades no rural.
Ademais, Gómez salientou que Galicia é unha potencia leiteira, xa que na a comunidade prodúcese o 42 % do leite de toda España, o que a converte da novena rexión produtora de Europa. Puxo como exemplo o concello de Santa Comba e a comarca do Xallas como zonas destacadas na nosa comunidade dentro deste eido produtivo.
Percorrido polas instalacións:
Galego









Control OJD