A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Lely: Algo máis que robots de muxido

A marca holandesa Lely ten diversos periféricos que lle poden axudar no día a día da súa granxa e mellorar a saúde das súas vacas

lely robot periferico arrimador 1

Sempre que se fala de Lely é inherente falar de robots de muxido, pero a firma holandesa non é só sinónimo de muxido, xa que moitas máquinas están deseñadas para facer o día a día dos gandeiros máis fácil e ademais mellorar a saúde dos seus animais.

Lely ten unha ampla gama de periféricos para o coidado das vacas e das explotacións, así como tamén, para facilitarlles a vida aos gandeiros nas tarefas diarias da granxa. Arrimar a comida ou limpar os patios de exercicio nunca foi tan fácil.

Lely Luna

Lely Luna é o cepillo rascador para as vacas. Unha vaca que goza de boa saúde é unha vaca máis feliz, máis sa e produce máis. A saúde das vacas pode mellorar cun coidado adecuado da pel. O Luna cepilla a pel e estimula a circulación do sangue. Isto fai non só que a vaca estea máis relaxada senón que o rabaño estea tamén máis tranquilo.

Bodegraven

O cepillo acciónase por contacto e rota en dirección oposta en canto o empurra a vaca. Ao ter dúas direccións de rotación, as cerdas do cepillo mantéñense intactas durante máis tempo. O número mínimo de pezas móbiles permite que as necesidades de mantemento sexan baixas, o cal á súa vez aumenta a súa duración.

Este cepillo pode instalarse facilmente de diferentes maneiras. Funciona igual de ben como unha instalación independente que montado na parede.

Lely Discovery

O Lely Discovery é o limpador de solos emparrillados. Un chan limpo prevén posibles problemas cos cascos e mantén limpas as colas e os ubres. As vacas compórtanse de forma máis natural nunha contorna limpa, o que permite detectar antes os períodos de celo. Unha granxa limpa e hixiénica tradúcese nun aumento dos niveis de saúde e benestar das vacas.

lely robot periferico arrimador cargador 1.jpgO Discovery limpa o establo as 24 horas do día, os 7 días da semana, todas as semanas do ano. Ás horas e nos roteiros que decida. Para gozar dunha corte limpa na que traballar de xeito cómodo e seguro.

O Discovery quítalle traballo da súa rutina diaria e chega a todos os recunchos do establo, algo fóra do alcance das arrobadeiras ou as limpezas por flushing. Este limpador de patios pode configurarse para que funcione varias veces ao día e manteña a súa granxa limpa as 24 horas do día.

O Lely Discovery na súa versión 90 SW incorpora como característica adicional unha función de aspersión de auga. Este rocía a sucidade e mellora os resultados da limpeza. Ideal para un establo enxoito ou cun grao de ocupación inferior.

lely robot periferico limpador 1Lely Discovery Collector

O Discovery Collector está especificamente deseñado para establos con pisos lisos e adopta un enfoque diverso. O Collector non empuxa o esterco, senón que o aspira. Isto fai que a acumulación de esterco, no que se atopan as vacas, sexa cousa do pasado. Isto non só fai que o piso estea máis limpo, senón que tamén garante que os cascos das vacas permanezan máis limpos. Isto mellora tanto a saúde da vaca como o benestar dos animais.

lely robot periferico arrimador garaxeO Collector non require cables nin canlóns. Isto asegura un ambiente de vida máis seguro para as vacas. Grazas ao seu deseño compacto, o Discovery pode circular facilmente entre as vacas.

O Collector rocía auga desde a parte dianteira e traseira da máquina. Pulverizar desde a fronte dá como resultado unha mellor inxesta de esterco, e desde a parte posterior para deixar un piso mollado para un agarre adicional. Máximo resultado e seguridade.

lely robot periferico limpador 2

Os roteiros e a frecuencia de limpeza pódense configurar para que coincidan coas súas ou co ritmo diario das vacas para que as cousas sexan o máis fáciles posibles. E se desexa axustar o programa, por calquera razón, pode facelo facilmente usando o seu teléfono móbil coa aplicación Lely Control Plus.

Lely Juno

O Lely Juno é o arrimador de comida da marca holandesa, co que aumentará a frecuencia da subministración de alimento. Grazas ao Juno a inxesta de comida será maior tanto durante o día como durante a noite. Isto non só ten un efecto positivo sobre a saúde dos animais, senón que tamén mellora a fertilidade, a produción e os seus resultados económicos.

lely arrimador pesebre fleckvieh apaisada

Co arrimador poderá aforrar ata 180 horas de traballo ao ano, un tempo valioso que pode dedicar a outras actividades na súa explotación. Ademais, beneficiarase de contar cun corredor de alimentación limpo, e dunha redución no consumo de combustible, xa que non necesitará usar o tractor para arrimar a comida.

O Lely Juno seguirá a cornadiza ao mesmo tempo que o seu mecanismo xiratorio inferior empuxa o alimento cara a ela. O control do Juno resulta sinxelo grazas á súa aplicación para todos os smartphones.
Os Junos veñen equipados cun pastor eléctrico e unha luz led para mellorar a visibilidade da máquina, ademais de son acústico que fai de chamada para as vacas cada vez que sae a realizar a función de arrimado.

lely arrimador pesebreNa súa versión flex, el Juno, pode desprazarse por fóra da granxa levantando a súa falda sen arrastrar o alimento e gañando desniveis nunca vistos. Ademais de posuír un motor de empuxe de cada lado, o que reducirá as horas de traballo da máquina.

Lely Cosmix

O Lely Cosmix é a cabina de subministración de concentrado que comercializa Lely. Unha ferramenta moi cómoda se conta con robot de muxido, a fin de adestrar á vacas para que acudan nun futuro mellor ao muxido.

CREATOR: gd-jpeg v1.0 (using IJG JPEG v80), quality = 60

Dar á vaca a alimentación que necesita mellora a saúde do rume e aumenta a produción de leite. O Lely Cosmix, xunto co robot Lely Astronaut, garante que cada vaca reciba a cantidade de concentrado que require. O Cosmix fornece concentrado ás vacas que non consomen o suficiente durante o muxido, ás xovencas e ás vacas secas.

Grazas aos colares de identificación dos animais, e ao software de xestión Lely Horizon, o Cosmix sabe con precisión canto concentrado lle pode fornecer como máximo a cada vaca durante 24 horas.

Agriexpo
O Lely Cosmix proporciona numerosas vantaxes, por exemplo, rumes máis sans, maior produción de leite ou unha alimentación máis eficiente. Esta cabina é fácil de adaptar a cada establo ocupando aproximadamente o sitio dun cubículo. Na súa versión P, o Cosmix, ten unha porta que fai que o animal non sexa molestado polo resto do rabaño mentres inxere o penso.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *