Leche Río, disposta a deslocalizar fóra de Galicia a planta do Ceao ameazada de derruba

O conselleiro delegado do grupo, Jesús Lence, asegura que se ten que demoler a instalación trasladará a produción da mesma a Madrid

Leche Río, disposta a deslocalizar fóra de Galicia a planta do Ceao ameazada de derruba

A planta do Ceao II, durante o bloqueo gandeiro de setembro.

Leche Río vive intres complicados logo de que o Tribunal Supremo confirmara a orde de derruba dictada contra a planta Ceao II, unha das catro que mantén o grupo na comunidade, xunto a outra no Ceao, unha en Láncara e outra na Coruña (Leyma). O conselleiro delegado do grupo, Jesús Lence, en declaracións ós medios de comunicación, asegura que se ten que executar a derruba procederá a deslocalizar a produción da planta a Madrid.

A estratexia de Río pasa por poñer a pelota no tellado do Concello de Lugo. A empresa recoñece que a planta, levantada hai máis dunha década, carecía da correspondente licencia de obra, pero sinala que é cuestión de vontade que o Concello busque un xeito de regularizar a súa situación. “O terreno é urbanizable e a planta é legalizable”, defende Lence.

A estratexia de Río pasa por poñer a pelota no tellado do Concello de Lugo

De non acadarse unha solución, o conselleiro delegado de Río é claro sobre o futuro da planta. “Se o Concello de Lugo non está pola labor, haberá que organizarse para executar a deslocalización da planta a Madrid” sinalou Lence en declaracións ós medios. O máximo responsable da empresa considera que ese traslado sería unha mala noticia para os 400 gandeiros cos que asegura que traballa na actualidade a planta do Ceao II.

O Tribunal Supremo desestimou os recursos de Río contra a sentencia do 2014 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que ordenaba a demolición da planta por carecer das correspondentes licencias e autorizacións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información