Leche Celta recolleu en Galicia 200.000 toneladas de leite e facturou 342 millóns de euros no 2023

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou hoxe as instalacións da planta de Leche Celta en Pontedeume,

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou hoxe as instalacións da planta de Leche Celta en Pontedeume,

Leche Celta, propiedade da multinacional portuguesa Lactogal, rematou o 2023 cun volume de recollida de 350.000 toneladas de leite para as tres plantas que ten en España: Pontedeume, Ávila e Cantabria. Dese total, arredor de 200.000 toneladas foron recollidas en Galicia. En total, Leche Celta facturou o pasado ao 342 millóns de euros, un 14% máis que no ano anterior, e incrementou o seu beneficio ata os 3,38 millóns de euros.

A compañía conta en Pontedeume cun cadro de persoal de 244 traballadores e procesa anualmente arredor de 200 millóns de litros de leite de gandarías galegas, dos que máis de sete millóns corresponden a leite ecolóxico, situándose entre os cinco primeiros compradores de leite na comunidade.

A empresa Leche Celta S.L.U. pertence á compañía portuguesa Lactogal Produtos Alimentares S.A., fundada en 1996 e especializada en leite e produtos lácteos, superando o 60% da cota do mercado portugués do sector. Leche Celta conta con participacións maioritarias en tres centros produtivos dedicados principalmente ao envasado de leite e produtos lácteos situados en Pontedeume, Ávila e Cantabria.

Visita da Conselleira do Medio Rural á planta de Pontedeume

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou hoxe as instalacións da planta de Leche Celta en Pontedeume, onde reafirmou “a aposta do Goberno galego polo fomento da colaboración entre os axentes do sector lácteo a prol da súa sustentabilidade, así como pola transformación do produto para darlle valor engadido”.

Nesta liña, a titular de Medio Rural avogou polo “entendemento e cooperación entre a industria, a distribución e os gandeiros, que son a parte máis sensible da cadea de valor”, ademais de reafirmar o traballo da Consellería para ter “uns prezos adecuados que permitan aos produtores cubrir os seus custos e obter unha marxe de beneficio” e para continuar reducindo o diferencial entre o que perciben os gandeiros da comunidade galega respecto a outras da contorna.

María José Gómez destacou tamén o investimento da empresa en mellorar as súas instalacións e a elaboración do produto, xa que dende o 2017 Leche Celta destinou máis de 18 millóns de euros a estas cuestións, cunha axuda xestionada pola Xunta que se aproxima aos 5 millóns de euros. Así, entre outros avances, a compañía está desenvolvendo unha nova liña de enchido aséptico, que permite elaborar os envases sen a capa interior de aluminio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información