A gandaría enfróntase hoxe a un desafío crucial: reducir a súa pegada de carbono. Este enfoque responde tanto ás esixencias lexislativas como á crecente demanda de sustentabilidade, impulsada por iniciativas como o Green Deal europeo (Pacto Verde Europeo) e a súa estratexia Farm to Fork (Da Granxa á Mesa).
Estes programas están deseñados para facer que a agricultura e a gandaría sexan máis sustentables, reducindo o seu impacto ambiental e garantindo un futuro máis saudable para o planeta.
Laura Vázquez, Técnica de Produción Vexetal de Delagro, destaca que “o obxectivo é claro: para 2030 debemos reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro nun 55%. Isto non é só unha obrigación, senón unha oportunidade para redefinir a nosa forma de traballar e apostar por prácticas máis sustentables”.
Segundo estudos científicos, a gandaría é responsable dunha porcentaxe significativa de emisións de metano e dióxido de carbono, dous dos principais contribuíntes ao quecemento global. Isto tradúcese nun reto tanto a nivel lexislativo, onde cada vez máis se impoñen restricións, como a nivel produtivo, onde os gandeiros deben adaptarse para cumprir coas regulacións e, ao mesmo tempo, mellorar a súa eficiencia.
Ademais das normativas, a sustentabilidade volveuse un imperativo comercial. Os consumidores valoran cada vez máis os produtos de orixe animal que se producen de maneira responsable, o que abre oportunidades para os gandeiros que logran reducir a súa pegada de carbono.
A Gama BLUE supón un paso máis cara á sustentabilidade
Ante este escenario, a innovación en produtos que favorezan unha gandaría máis sustentable é crucial. A gama BLUE de DELAGRO ofrece solucións enfocadas en reducir as emisións de carbono e mellorar a rendibilidade dos cultivos.
Esta gama inclúe tres produtos complementarios, todos baseados no uso de bacterias beneficiosas que traballan a diferentes niveis do ciclo produtivo do cultivo.
Sobre as bacterias beneficiosas, Vázquez comenta: “Estes microorganismos son aliados estratéxicos na mellora da saúde do solo e o rendemento dos cultivos. Apostar por eles significa apostar por un modelo agrícola máis eficiente e sustentable”.
A ciencia demostrou que certas bacterias poden ter un impacto positivo na agricultura, xa que os principais procesos que se desenvolven no chan, como a mineralización da materia orgánica, a solubilización dos abonos minerais e mesmo a captación de nitróxeno atmosférico, son desenvolvidos por microorganismos que xogan un papel chave na creación de solos supresivos, é dicir, solos capaces de reducir a presenza de patóxenos que afectan de forma negativa aos cultivos. Ao fomentar o desenvolvemento de poboacións microbianas beneficiosas, non só mellórase a saúde do solo, senón tamén o rendemento das colleitas.
A introdución de produtos como a gama BLUE permite aos gandeiros aproveitar estes beneficios, xa que a sinerxía do tres produtos coa súa actuación en distintos momentos, melloran a produtividade agrícola, optimizando os custos e aumentando a rendibilidade, todo iso sen comprometer a sustentabilidade.
A Industria Láctea Premia a Sustentabilidade
A industria láctea está cada vez máis comprometida coa sustentabilidade, e moitas empresas xa comezaron en gandarías con programas específicos que valoran a redución da pegada de carbono, fomentando o uso de novas tecnoloxías, insumos e prácticas agrícolas de máis baixo impacto ambiental e acordes ás novas normativas europeas.
Para Laura, “a industria láctea recoñece cada vez máis o valor da sustentabilidade. Programas que premian a redución da pegada de carbono son unha mostra clara de cara a onde se dirixe o sector”.
O futuro da gandaría depende da súa capacidade para adaptarse aos novos desafíos ambientais e lexislativos. A redución da pegada de carbono non é só unha esixencia legal, senón tamén unha oportunidade para mellorar a eficiencia produtiva.
Con produtos innovadores como a gama BLUE de DELAGRO, os gandeiros poden lograr mellorar a rendibilidade da súa explotación de forma máis sustentable e contribuír á conservación do medio ambiente.