Láser para medir a madeira dunha parcela

A Cátedra Ence investiga o uso de tecnoloxía láser para a medición da madeira existente en cada cultivo

Láser para medir a madeira dunha parcela

A Cátedra Ence vén de iniciar un proxecto de investigación baseado na aplicación da tecnoloxía láser para a medición da madeira existente nas masas forestais. Esta innovadora tecnoloxía, denominada LiDAR, consiste en realizar inventarios forestais sobre a base da emisión/recepción de raios láser nunha parcela forestal determinada.
A Comisión da Catedra Ence, integrada pola Universidade de Vigo e Ence, tomou a decisión de apostar pola investigación do uso da tecnoloxía LiDAR na súa reunión semestral de seguimento. Esta tecnoloxía baseada no uso do láser permite desenvolver modelos predictivos sobre os principais parámetros dos montes arbolados. Deste xeito, obtense información clave para a xestión destas masas forestais e os seus potenciais aproveitamentos sostibles.

A tecnoloxía LiDAR, cuxos usos tamén están sendo desenvolvidos en lugares como Estados Unidos, Canadá ou os países de Escandinavia, representa o paso de técnicas de inventario forestal do século XIX ás do século XXI. Ademais, suporá a base da avaliación dos recursos forestais de calquera territorio, sendo extremadamente útil na toma de decisións sobre política forestal.

Bolsas de traballo en Ence

A Comisión Mixta Universidade de Vigo-Ence responsable do seguimento da Cátedra Ence decidiu así mesmo continuar apostando pola concesión de bolsas de traballo en prácticas, dirixidas a alumnos e alumnas da Escola de Enxeñaría Forestal, que realizarán tanto na factoría pontevedresa, como nos montes que a empresa xestiona. Igualmente, a Comisión acordou continuar a dinámica xa establecida na realización de foros de debate de alto nivel técnico sobre temas forestais vangardistas, coa celebración de un simposio sobre a implantación da Estratexia Forestal Europea, recentemente aprobada pola Unión Europea.

A Cátedra ENCE, que conta con casei dúas décadas de historia, sendo o resultado dun convenio de colaboración entre a compañía e a Universidade de Vigo, con obxecto de abordar tarefas de difusión de coñecementos técnicos, transferencia de tecnoloxía e proxectos de investigación. Neste tempo ten dado múltiples froitos, sendo recoñecida na actualidade nos ámbitos forestais tanto nacionais como internacionais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información