FRAC España (Comité de Acción contra Resistencias a Funxicidas), e IRAC España (Comité de Acción contra Resistencias a Insecticidas), lanzaron as súas Apps de consulta para IOs e Android.
Estas aplicacións permiten a consulta de sustancias activas autorizadas en España, con indicación do grupo ao que pertencen segundo os seus modos de acción.
A clasificación de Modos de Acción (MdA) ten como obxectivo que os usuarios teñan unha base sólida para levar a cabo un manexo sustentable dos fitosanitarios e evitar problemas de resistencia.