Lanzan ao mercado unha xenebra elaborada con Pementos de Padrón con Denominación de Orixe

xenebra miña pemento herbon GRANEO grupo Pernod Ricard, que en 2020 aquirió a adega padronesa Vermutería de Galicia e a súa marca de vermut St. Petroni, acaba de lanzar ao mercado “A´Miña Orixe”, unha xenebra que incorpora nas súas ingredientes os Pementos de Padrón, iso si con Denominación de Orixe Protexida Pemento de Herbón, para garantir a súa orixe galega e que lle achegan un particular sabor e matiz especiado.

“Estes pementos teñen unha calidade que fan que poidan resultar especialmente picantes, o que confiren un particular sabor a esta xenebra, xa que proporcionan un extraordinario equilibrio co resto de botánicos da receita, dotándolle dunha sensación fresca en boca, bañada en notas cítricas e de froita”, destacan desde a compañía.

Unha xenebra con esencia galega que nace da man de Vermutería de Galicia, que participa na creación desta nova xenebra premium axuntando nela a súa experiencia, a súa paixón polo autóctono, o seu coñecemento dos ingredientes locais.

En definitiva unna innovadora proposta que nace do respecto pola materia prima e pola calidade como ingredientes principais do proxecto e que xa está á venda a un prezo de 24,68 € en formato 70cl.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información