A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Lanzada ‘Nasym’, vacina fronte ao virus respiratorio sincitial bovino

Hipra presentou recentemente nun acto con veterinarios a súa nova vacina intranasal e intramuscular fronte ao BRSV, o virus respiratorio máis perxudicial en gando bovino

Lanzada ‘Nasym’, vacina fronte ao virus respiratorio sincitial bovino

Presentación de 'Nasym' a veterinarios.

‘Nasym’, unha vacina cuxo rexistro entrou en vigor o pasado 29 de xullo, foi presentada recentemente ante un numeroso grupo de veterinarios españois no Palacio de Villahermosa, situado en Pedrola (Zaragoza).

A sesión comezou cunha explicación do virus respiratorio sincitial bovino (BRSV) e a súa complexidade dentro do Síndrome Respiratorio Bovino. Esta presentación correu a cargo de Jaime Maldonado, responsable do Centro de Diagnóstico de Hipra (Hipra Diagnos).

Pola súa banda, María Carmen Moreno, responsable do desenvolvemento de Nasym, resumiu os máis de 10 anos de investigación que foron necesarios para producir a vacina, así como as probas de campo que demostraron unha redución dos síntomas clínicos respiratorios nun 89%.

A presentación da vacina e todas as súas características, que a fan significativamente diferente do resto de alternativas no mercado, correu a cargo de Pere Ordis, xefe de Servizos Técnicos e Marketing de Hipra España, quen destacou algúns puntos importantes:

– O BRSV é o virus máis prevalente no Complexo Respiratorio Bovino.
– Nasym pode ser empregado indistintamente vía intranasal e intramuscular.
– Permite unha vacinación segura, eficaz e temperá.
– Reduce visiblemente os síntomas clínicos respiratorios e a excreción viral, ofrecendo ademais unha inmunidade de longa duración.

Con esta nova vacina, a número 22 nos últimos 10 anos, Hipra segue consolidándose como un referente en prevención para gando bovino, ofrecendo ferramentas de alto valor para os profesionais da veterinaria.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *