A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Lactalis Puleva obtén o selo de Empresa Familiarmente Responsable

Lactalis Puleva obtén o selo de Empresa Familiarmente Responsable

A firma Lactalis Puleva obtivo o certificado EFR (Empresa Familiarmente Responsable), un selo de calidade outorgado pola Fundación Másfamilia e apoiado polo Ministerio de Sanidade e Política Social. O distintivo recoñece o modelo de xestión en materia de conciliación da vida laboral e familiar que a compañía desenvolveu e implantou durante os últimos 3 anos no marco do Proxecto Meraki.

O equipo que levou a cabo a auditoría externa requirida no proceso de certificación destacou a involucración e o compromiso da firma por impulsar e fomentar o respecto á conciliación da vida persoal e familiar e laboral.

Entre as iniciativas postas en marcha para a implantación do novo modelo de conciliación destaca a facilitación de parking gratuíto para todos os traballadores, o comedor a baixo custo e as políticas de flexibilidade de horario, ademais do informe de avaliación de riscos psicosociais realizado con data do 12 xaneiro de 2017 e do cal teñen prevista a súa revisión e perfeccionamento en ciclos de tres ou catro anos.

A vixencia do certificado é de 3 anos durante os que se realizan as correspondentes auditorías. “O obxectivo de Lactalis Puleva é manter o selo a través de sucesivas renovacións e seguir avanzando no camiño á excelencia e a mellora continua”, explican desde a firma.

Para Lactalis Puleva, “o maior obxectivo con este certificado é a atracción e fidelización do talento e o aumento da produtividade e a eficacia no traballo como resultado do equilibrio alcanzado entre vida persoal e laboral”, detallan.

Así mesmo, e tras a obtención do certificado, a empresa pasa a formar parte do Club Eres EFR e, por tanto, terá a oportunidade de compartir coa Fundación Masfamilia impresións e coñecemento, ademais de recibir formación e asesoramento por parte da Fundación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *