Lactalis nega as acusacións de apropiación indebida

A industria sostén que non se sente vinculada polo acordo que acadaron en decembro do 2015 os grupos da distribución e a Plataforma en Defensa do Sector Lácteo

Lactalis nega as acusacións de apropiación indebida

Lactalis asegura que está a cumprir estrictamente a lei.

O Grupo Lactalis emitiu unha nota de prensa para amosar a súa disconformidade coa denuncia presentada por Unións Agrarias por presunta apropiación indebida de 2,5 millóns de euros. Esa denuncia levou a que o responsable de compras de Lactalis – Puleva, José Enrique García, tivese que comparecer esta semana no xulgado de Vilalba para explicar porque a empresa non lle pagou as súas granxas proveedoras os 2,5 millóns de euros que supostamente cobrou a maiores no último ano das cadeas de supermercados.

Lactalis, na súa nota de contestación, sinala que a compañía sempre actuou “respetando o cumprimento estricto da lei” e nega calquera acusación de apropiación indebida. A industria advirte de que non asinou nin participou de ningún acordo promovido pola Plataforma en Defensa do Sector Lácteo con determinados grupos da distribución, “entendendo, por tanto, que o acordo marco do 23 de setembro do 2015 é o único vinculante”.

“Entendemos que o acordo marco do 23 de setembro é o único vinculante”

O Grupo Lactalis reafírmase en torno ó acordo asinado polo conxunto das industrias lácteas co Ministerio, con parte do sector gandeiro e coas cadeas de distribución en setembro do 2015, pero non recoñece a validez dos acordos entre gandeiros e grupos da distribución. En decembro do 2015, as cadeas de supermercados comprometéranse cos gandeiros a incrementarlle os pagos ás industrias polo leite de marca branca, coa idea de que eses cartos se lle trasladasen ás granxas.

Por último, Lactalis manifesta que “calquera variación positiva ou negativa no prezo pagado pola distribución ó fabricante debe ser considerada dentro do acordo do Ministerio”. Sinala tamén que confía nunha solucion ó conflicto no marco de dito acordo, “do cal o Ministerio é garante”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información