A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Klerat Block XT: novo rodenticida en bloques, adaptado ao uso en explotacións agrarias e gandeiras

Klerat Block XT: novo rodenticida en bloques, adaptado ao uso en explotacións agrarias e gandeiras

A práctica dun programa de control de roedores, levado a cabo dentro do programa xeral de bioseguridade dunha unidade de cría de animais, é unha das accións máis importantes que se deben realizar para a prevención de enfermidades, a redución do estrés animal e a preservación da infraestrutura das explotacións.

Os roedores actúan como portadores crónicos asintomáticos de ata 35 enfermidades transmitidas por animais. Entre os axentes destas zoonosis atópanse virus, bacterias (como Rickettsia), fungos, protozoos e parasitos. O impacto da súa presenza está relacionado coa susceptibilidade da unidade de cría de animais a varias enfermidades de relevancia económica e sanitaria.

Syngenta lanzou ao mercado o novo rodenticida Klerat Block XT, a base de Brodifacoum, con rexistro para uso doméstico e, por tanto, permitido tamén en explotacións agrarias e gandeiras. Polas novas normativas de seguridade neste tipo de produtos, para que un rodenticida sexa autorizado para uso doméstico debe ter menos de 30 ppm da materia activa e Klerat Block XT ten só 25 ppm por cada cebo de 20 gramos.

Todo o cebo está recuberto, ademais, por unha capa de parafina para que permaneza estable durante moito tempo, aumentando a súa durabilidade. Este recubrimento tamén consegue que sexa un cebo cunha alta resistencia á humidade e á calor. O produto preséntase en caixas con cebos de 20 gramos, parafinados e deseñados en forma de hexágono cun buraco no centro para poñelo facilmente nos petiscos das caixas portacebo.

O primeiro que hai que destacar de Klerat Block XT é que a súa materia activa é o rodenticida máis eficaz e potente do mercado, Brodifacoum, que ademais non presenta ningún tipo de resistencias a nivel global, o que lle permite tamén ser eficaz para controlar as resistencias fronte aos rodenticidas anticoagulantes de primeira e segunda xeración. A esta potente materia activa hai que sumarlle a súa composición de alta calidade, que inclúe os alimentos (fariñas, grans e aditivos) e os aromas que máis lles gustan aos roedores, o que lle confire unha alta palatibilidade.

Nun ensaio feito en España, comparáronse os bloques de Klerat Block XT cun formulado en pasta fresca, que adoitan ser moi atractivos aos roedores. Como se pode constatar nas imaxes seguintes, o cebo de Klerat Block XT foi bastante atractivo para os ratos, cun consumo elevado do bloque, e non tocaron na pasta fresca

Caixa portacebo co bloque de Klerat Block XT á esquerda. Final do ensaio mostrando o consumo do bloque

Caixa portacebo co bloque de Klerat Block XT á esquerda. Final do ensaio mostrando o consumo do bloque

Como en todos os rodenticidas de Syngenta, o produto ten un forte sabor amargo para evitar a inxesta accidental por parte dos nenos.

Ademais todos os rodenticidas deben, de forma obrigatoria, ser utilizados en caixas portacebos que se poidan pechar, debidamente identificados, de maneira que queden protexidos das condicións atmosféricas, de ser inxeridos por outros organismos e da súa dispersión no medio ambiente.

Pero Klerat Block XT non só é un cebo fácil de usar, durable, resistente e cunha alta palatibilidade, senón que demostrou unha eficacia total. Nos ensaios realizados en granxas de vacas e galiñas, con poboacións estimadas de 70 ratas e 45 ratos respectivamente, e que presentaban abundantes restos de forraxes e pensos, os resultados foron claros: en ratas, cunha dose adecuada de produto, conseguiuse o 100% de mortalidade en 14 días, e en ratos, a menor dose, tan só en 12 días conseguiuse ese 100% de mortalidade.

A grafica seguinte resume o ensaio na explotación de gando vacún, en que a primeira barra representa o consumo de cebo antes do ensaio, a 2ª barra o consumo durante os 14 días do ensaio, e a terceira o consumo despois dos 14 días, onde se aprecia un consumo 0, sinal que non hai máis presenza de ratas.

syngenta rodenticida kerat block grafica

En definitiva, Klerat Block XT é un rodenticida moi eficaz a baixas doses, de alta calidade e durabilidade, resistente a humidade e calor, moi fácil de usar e que se pode utilizar tanto en edificios, casas, adegas, explotacións agrícolas e gandeiras, garaxes, xardíns, etc., con total confianza.

Klerat Block XT é un rodenticida de alto rendemento que pode axudar na boa xestión do control da infestación de roedores, o que resulta nunha redución na incidencia de patóxenos asociados a roedores na contorna, ademais de evitar que produzan danos nas infraestruturas e a deterioración na taxa de conversión dos pensos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *