O Kiwi é un cultivo que comezou a implantarse en Galicia hai uns 50 anos, se ben o despegue da súa comercialización e da profesionalización do sector iniciaríase nos anos 90. Kiwi Atlántico é o referente principal dese camiño emprendido polo kiwi galego nas últimas décadas, ata o punto de convertirse na marca que en toda España asociou o kiwi a Galicia.
A comunidade produce hoxe en día arredor de 5.000 toneladas de kiwi cada campaña, pero o obxectivo de Kiwi Atlántico sitúase en chegar a dobrar esa cantidade nuns dous anos. É un obxectivo que fala do potencial que ten Galicia para o kiwi, unha froita que precisa dunhas condicións climáticas moi particulares; e que tamén deixa ver as boas perspectivas de mercado.
En España impórtase arredor do 60% do kiwi que se consume, o cal permite moita marxe de crecemento á produción galega e das outras comunidades.