Kalekói,marca galega de lácteos artesanais, recibiu a certificación Leite Beta Caseína A2 de AENOR, converténdose na primeira e única empresa galega en obter este selo.
Esta certificación garante que a leite utilizada nos seus iogures procede de vacas con xenotipo A2A2, cumprindo estrictos protocolos de selección e análise xenética na granxa. Ademais, asegura unha trazabilidade completa desde a granxa ata o punto de venda, ofrecendo produtos naturais, de fácil dixestión e de alta calidade, aliñados coa filosofía de transparencia e proximidade que caracteriza a Kalekói.
Durante a auditoría, AENOR verificou a selección do gando, as análises xenéticas, o proceso de produción e envasado, así como o cumprimento dos requisitos de trazabilidade, incluíndo análises de laboratorio para confirmar que a leite é 100 % Beta Caseína A2. Grazas a esta certificación, os produtos poden lucir a marca “Elaborado con Leite Beta Caseína A2”, ofrecendo aos consumidores confianza e seguridade sobre o que están a consumir.
“Estamos moi orgullosos de recibir este selo de AENOR, que reforza o noso compromiso coa calidade, a transparencia e a saúde dixestiva dos nosos consumidores. Ser a primeira e única empresa galega certificada baixo este estándar é un recoñecemento ao noso traballo diario no campo e na elaboración artesanal dos nosos lácteos”, afirman Susana Aguiar e Álex Moure.
Que significa que o leite de Kalekói sexa A2?
O leite A2 é aquel que contén exclusivamente a proteína beta-caseína A2, presente de forma natural en determinadas vacas selecionadas. Esta característica converte o leite A2 nun produto máis puro, máis natural e cunha composición máis próximo ao leite orixinal que producían os rabaños tradicionais antes de que aparecese a variante A1.
Ademais, ao non conter a proteína A1 —responsable das molestias que moitas persoas senten ao consumir leite convencional—, o leite A2 adoita ser mellor tolerado por quen experimenta incomodidade dixestiva co leite de vaca habitual, mantendo intacto o seu valor nutritivo e o seu sabor auténtico.
Producir leite A2 esixe rigor xenético, trazabilidade e un control exhaustivo do rabaño. Este compromiso permite garantir un produto diferenciado e de máxima calidade, e converte este selo nun signo distintivo de Kalekói: unha marca láctea 100 % galega que aposta por unha materia prima excepcional, coidada desde a orixe, e que ofrece ao consumidor unha leite singular, selecta e cun perfil proteico máis fino e exclusivo.
Sobre Kalekoi
Kalekói é unha marca galega que elabora lácteos artesanais e naturais, apostando pola proximidade, a transparencia e a calidade en todos os seus procesos. Os seus produtos buscan ofrecer experiencias auténticas e saudables, respectando a tradición e os valores do medio rural galego.
Sobre a certificación AENOR Leite Beta Caseína A2
Garante que os produtos foron elaborados con leite de vacas con xenotipo A2A2, seguindo protocolos de identificación, trazabilidade e control de calidade ao longo de toda a cadea de produción, asegurando autenticidade, seguridade e facilidade de dixestión.
Galego







Control OJD