José Luís Rey, elixido novo presidente dos fabricantes de pensos de Galicia

José Luís Rey, elixido novo presidente dos fabricantes de pensos de Galicia

José Luis Rey. Foto: Luis Cobas

A Asemblea Xeral da Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos (Agafac) elixiu este venres como novo presidente da entidade a José Luís Rey Rodríguez, que ocupará o cargo o próximos catro anos. A elección produciuse no transcurso da Asemblea Xeral Ordinaria de Agafac, a última do ano, que finalmente se celebrou online por decisión da Xunta Directiva como medida precaución ante a evolución da pandemia.

José Luís Rey encabezaba a única candidatura que concorría ás eleccións e substitúe no cargo a Francisco Javier Barcia Gallo, que ocupou a presidencia os últimos dez anos. Até agora, Rey era membro da xunta directiva de Agafac, onde ocupaba a vocalía pola provincia de Ourense.

Unidade e o reto da sustentabilidade

Tras o nomeamento, as primeiras palabras de Rey dirixíronse ao seu antecesor, do que destacou a súa contribución á modernización do sector da fabricación de pensos grazas ao impulso desde a asociación á formación e a innovación, especialmente no control das materias primas a través de Galis. “A discreción e o traballo ben feito tiveron moito que ver no crecemento constante de Agafac”, indicou José Luís Rey, quen avanzou que nos próximos catro anos, manterase ese legado, apostando con forza pola formación e a tecnoloxía como ferramentas para seguir medrando.

Así mesmo, lembrou que o sector agroalimentario afronta a un cambio de ciclo. “Vivimos momentos de moitos cambios e a unidade e a alta especialización serán claves para afrontar os novos retos onde a sustentabilidade será un factor clave. Por iso temos que estar á altura e ser competitivos”, dixo.

O novo presidente de Agafac é director de Compras de Coren e ao longo da súa carreira desempeñou numerosos postos de responsabilidade en empresas punteiras do sector. Até a súa incorporación a Coren no ano 2012, José Luís Rey desempeñaba as funcións de director de Compras de materias primas de alimentación animal e loxística de Núter Feed (antiga Saprogal). Así mesmo, desde 2005 é presidente da Comisión de materias primas de Cesfac e fomar parte da súa xunta directiva desde 2012.

José Luís Rey foi elixido o cargo por unanimidade, do mesmo xeito que a xunta directiva, onde non hai cambios,  salvo a incorporación de Ángel Miranda na vocalía por Ourense en substitución do novo presidente.

Desta forma, nesta nova andaina acompañarán ao presidente: Daniel Castro Moscoso (vicepresidente), Manuel Orosa Canabal (secretario), Miguel Rivera Martín (tesoureiro), Pablo García Folgar (vogal pola Coruña), Daniel Ferreiro Otero (vogal por Lugo), Ángel Miranda García (vogal por Ourense), Pedro González García (vogal por Pontevedra) e Bruno Beade García (director-xerente).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información