O recoñecido viticultor e adegueiro da Denominación de Orixe Monterrei, José Luis Mateo, da adega Quinta da Muradella, está a experimentar cun viño branco fermentaod e criado en cerámica, que se o resultado, é positivo prevé sacar ao mercado.
“ Xa tiña feito hai anos unha proba de fermentación en ánforas de barro, pero o resultado non fora o agardado. Desta volta trátase dunha elaboración experimental en cerámica, algo que xa teñen feito outros viticultores, neste caso nunha ánfora de 400 litros. É un viño monovarietal da variedade Dona Branca procedentes dun viñedo de Monterrei.”, explica o viticultor.
José Luis Mateo-con varias puntacións destacadas de críticos e revistas estadounidenses e españolas- visitou este martes o Museo do Viño de Galicia.
En canto á valoración desta vendima, destaca que “despois de tres anos moi malos, por fin tivemos unha colleita normal, polo que espero que podamos recuperarnos”.
Por último, durante a súa visita ao Museo do Viño de Galicia, Mateo destacou a “emoción” que lle producía “un edificio monumental íntegramente adicado ao viño”, e destacou que o que máis valora de todas as distincións recibidas é ter situado aos viños de Monterrei na mente dos mercados americanos.