Jesús González, novo presidente de Origen España

O Consello Regulador das Indicacións Xeográficas Protexidas (IXPs) das Carnes de Vacún de Galicia asume o liderado da asociación por un periodo de dous anos

Jesús González, novo presidente de Origen España

Jesús González, á esquerda, no acto no que asumiu a presidencia de Origen España.

A Asociación Española de Denominaciones de Origen (Origen España) acordou nomear ó presidente do Consello Regulador das IXPs de Carne de Vacún de Galicia, Jesús González, como novo presidente da asociación por un periodo de dous anos. Origen España creouse no 2008 co obxectivo de fomentar o recoñecemento dos produtos amparados por selos de orixe, promocionando a súa calidade e evitando situacións de mala información ó consumidor.

O novo presidente de Origen España estará acompañado na directiva por representantes das denominacións de orixe Queso Manchego, Jabugo, Pimentón de la Vera, Jijona y Turrón de Alicante, Torta del Casar, Uva de Mesa Embolsada de Vinalopó y Los Pedroches.

Tras asumir a presidencia, Jesús González sinalou que o seu mandato tratará de continuar na liña de “poñer en valor os indicativos de calidade que amparan os alimentos propios, que nos diferencian no mercado e nos dignifican”. González releva na presidencia de Origen España a José Enrique Garrigós, presidente das indicacións xeográficas Jijona y Turrón de Alicante.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información