Javier Bretón, novo director do Grupo Leche Celta en España

Javier Bretón, novo director do Grupo Leche Celta en España

Javier Bretón, novo director de Grupo Leite Celta. Cedida

Grupo Leche Celta anuncia o nomeamento de Javier Bretón como director xeral en España. Bretón foi promovido internamente na empresa, á que dedicou 34 anos da súa carreira profesional. Desde 2004, ocupou o cargo de director comercial, desempeñando un papel chave na expansión e diversificación da compañía. Ao longo da súa traxectoria profesional, sempre estivo vinculado ao sector de gran consumo e, na compañía, ocupou diversos postos operativos e comerciais que contribuíron ao desenvolvemento estratéxico do grupo.

“Síntome moi agradecido pola oportunidade de liderar Grupo Leite Celta nesta nova etapa. Durante todos estes anos vin como a empresa creceu e evolucionou. O meu obxectivo agora é seguir avanzando, innovando e ofrecendo o mellor aos nosos clientes e colaboradores nunha empresa que foi o meu fogar profesional durante tanto tempo”, destacou o novo director en nota de prensa remitida por Celta.

Bretón asume a dirección de España, que conta cun persoal de 383 persoas. Este nomeamento chega nun momento especial para a empresa de orixe galega e pertencente á multinacional portuguesa LACTOGAL Productos Alimentares, posto que celebra 35 anos de historia. No último ano, Grupo Leite Celta alcanzou unha facturación de 342 millóns de euros, reafirmando a súa posición no mercado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información