Jamones González, coidado do produto da granxa á mesa

A firma distínguese pola comercialización dunha gama de calidade que elabora a partir dos animais criados na súa propia granxa. Selecciónanos xeneticamente e suminístranlles unha alimentación máis tradicional

Publicidade
Jamones González, coidado do produto da granxa á mesa

Chourizos no proceso de secado. / Imaxes: Jamones González.

Jamones González (O Corgo, Lugo) é unha empresa de produtos cárnicos derivados do porcino que se distingue no mercado pola oferta dunha gama de calidade, coidada desde a granxa ata a distribución final dos produtos elaborados.

A orixe da firma remóntase a 1923, cando Manuel González, o seu fundador, comezou a exportar xamóns galegos por ferrocarril a outros puntos do país, principalmente a Madrid. A empresa, dirixida agora pola terceira xeración da familia, representada por Carmen González, continúa a ter hoxe en día un mercado importante en todo o norte peninsular, Madrid, Asturias, Castilla y León, País Vasco e ata Barcelona.

A firma produce todo tipo de derivados porcinos, tanto curados, caso do xamón ou do lacón, como elaborados (chorizos, lomo, salchichón, butillo) ou produto en fresco. En total, move un millón de quilos de carne ó ano. Parte da produción, a orientada a gamas de maior calidade, sae da súa propia explotación, na que contan cuns 5.000 animais. O resto da carne mércanlla a proveedores sobre a base duns estándares mínimos de calidade.

Despiece do produto.

Despiece do produto.

Granxa de Duroc-Landrace
A granxa de Jamones González traballa con porcos da raza Duroc-Landrace, cun 75% de xenética Duroc, e leva os animais ata pesos maiores, arredor dos 135 quilos, a fin de conseguir unha carne máis feita. “A xenética Duroc permítenos unha maior calidade. É unha carne que presenta graxa infiltrada e organolepticamente é diferencial, ten unha textura e un sabor moi característicos. Tampouco endurece tanto nin se acorteza co proceso de curado”, explica Carmen González.

Os xamóns, que chegan a superar os 13 quilos de peso, sométense a un proceso de curado que pode durar ata 2 anos, como sucede coa peza de maior gama, o xamón curado gran reserva Duroc. Ese coidado do produto de calidade repítese cos chourizos e co lacón.

O lacón está amparado pola denominación de orixe Lacón Gallego, que obriga a un estricto control da alimentación

O lacón está amparado ademais pola denominación de orixe Lacón Gallego, que obriga a manter un estricto control da alimentación. A denominación distingue dous tipos de lacóns, o galego tradicional, procedente de porcos nados en Galicia e alimentados alomenos os 3 últimos meses con castañas, landras, cereais e tubérculos; e o lacón galego, que procede de animais cebados con piensos autorizados e controlados polo Consello Regulador, que prohíbe o uso de produtos como aceites, fariñas de pescado ou promotores do crecemento.

A normativa do Consello tamén especifica coidados para o produto final, como un mínimo de 30 días de maduración antes da súa saída ó mercado. En chourizos, a gama extra de González caracterízase por empregar un 95% de magro, con só un 5% en touciños.

Produto no proceso de curado.

Produto no proceso de curado.

Mercados
A empresa completa a súa oferta cos produtos elaborados a partir da carne de proveedores externos. “Traballamos todo tipo de gamas”, precisa Carmen González. “Xunto a unha produción de calidade, tamén temos produto convencional que pode competir no mercado en base a prezo, que é unha demanda clara dos consumidores”, valora. “Curiosamente, hai que destacar que Galicia vende máis fóra. Os produtos premium, como pode ser o Lacón Airamonte, que ten desde este ano o selo Galicia Calidade, presenta unha maior demanda fóra da comunidade”.

“Galicia vende máis fóra. O Lacón Airamonte, que ten desde este ano o selo Galicia Calidade, presenta maior demanda fóra da comunidade”

Jamones González mantén fóra de Galicia unha distribución consolidada no canal Horeca (hostelería e restauración) e en establecementos de El Corte Inglés e dos hipermercados Eroski. En Galicia tamén está presente nos Carrefour, en Vegalsa-Eroski e en carnicerías e tendas tradicionais. A súa primeira marca é a que dá nome á empresa, Jamones González, se ben tamén comercializan parte da produción coa marca Ancares, en alusión á cadea montañosa próxima as súas instalacións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información