A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Jaime Alcañiz, novo Director de Mercadotecnia e Estratexia de De Heus España

Jaime Alcañiz de heusDe Heus Nutrición Animal anuncia o nomeamento de Jaime Alcañiz Aliseda como novo Director de Mercadotecnia e Estratexia de De Heus España a partir do 1 de outubro do presente ano.

Jaime Alcañiz ocupaba até agora o posto de Xefe de Produto Distribución na compañía e desde o mes de outubro pasará a liderar a área de Mercadotecnia e Estratexia a nivel nacional, ademais de pasar a formar parte do Comité Executivo, reportando ao Director Xeral de Iberia, Jean-François Honoré.

O novo director de Mercadotecnia e Estratexia é licenciado en Veterinaria pola Universidade Complutense de Madrid e completou a súa formación cos cursos de doutoramento na Universidade de Córdoba, un Máster na Universidade Autónoma de Barcelona e posgraos en Business Leadership na Universidade de Tilburg (Holanda) e mercadotecnia dixital.

Con máis de 20 anos de experiencia no sector, Jaime Alcañiz desenvolveu o seu labor profesional en diferentes empresas de nutrición animal como Brill, Nutral e COVAP. Ademais, achega unha traxectoria a nivel internacional como xefe de produto en empresas de aditivos como Norel e Tolsa. Antes de unirse a De Heus en setembro do 2017, traballou no departamento de compras de leite en Danone.

“Afronto o reto con moita ilusión e cunha gran confianza nos equipos de profesionais que compoñen De Heus. Continuaremos traballando moi preto dos gandeiros para achegar solucións nunha contorna difícil debido ao aumento dos custos de produción. A sustentabilidade e a innovación seguirán sendo os principios para achegar valor ao sector, a través do asesoramento aos gandeiros e a resposta ás súas necesidades”, destaca Jaime Alcañiz.

Sobre Royal De Heus

De Heus Nutrición Animal contribúe á dispoñibilidade e accesibilidade de alimentos seguros e saudables de maneira sustentable. A través dos seus produtos, coñecemento e experiencia, axuda aos gandeiros de todo o mundo a progresar.

Como empresa familiar, fundada en 1911 e especializada en nutrición animal durante catro xeracións, busca activamente oportunidades para xerar valor e impacto en toda a cadea de produción de proteína animal.

Conta cun experimentado equipo de miles de profesionais, producindo alimentos para animais en máis de 20 países en todo o mundo. Ademais, opera en Europa do Leste, África, Medio Oriente e Sudamérica a través da exportación de concentrados e premezclas. Desta forma, contribúe cada día ao desenvolvemento do sector gandeiro.

En España, De Heus está presente en practicamente todo o territorio nacional a través dos seus 13 centros de produción e preto de 450 empregados. Posúe unha capacidade produtiva superior ao millón de toneladas anuais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *