As IXP de vacún galego piden apoiar a gandería extensiva como defensa fronte aos lumes forestais

RUBIAS 1

O Consello Regulador das IXP Tenreira Galega e Vaca Galega-Boi Galego emitiu un comunicado no que propón que se faga un “uso produtivo do territorio como protección fronte aos incendios forestais”. Actualmente, na provincia de Ourense están inscritas case o 10% das gandarías de Tenreira Galega que producen un 22% dos animais rexistrados no Consello Regulador.

A entidade que preside Jesús González asegura que o fomento e o apoio á gandaría extensiva de vacún de carne é clave para a loita contra os incendios e demanda das administracións unha aposta decidida polo modelo produtivo que desenvolven os gandeiros adscritos ás IXP.

Dende o Consello Regulador lembran que tamén os sectores ovino e caprino son esenciais para a defensa contra os lumes polas súas prácticas extensivas e polo labor que desenvolven nos territorios onde están asentados.

O presidente do Consello reclama “unha aposta decidida por parte da Administración” para apoiar
o modelo produtivo que promoven a IXP Ternera Gallega e Vaca Galega-Boi Galego. Para González, a poboación rural, a actividade agraria e a gandaría extensiva son factores determinantes para a conservación do territorio.

Por eso, insiste en que “é necesario que no rural siga vivindo xente que desenvolva unha actividade produtiva no campo, así evitáse a proliferación da maleza e das terras abandonadas” e lembra que Galicia constitúe unha reserva alimentaria europea de gran capacidade, onde o vacún extensivo de carne conleva un grande aproveitamento económico.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información