Itinerario e puntos de reunión da tractorada do sector lácteo en Lugo

Itinerario e puntos de reunión da tractorada do sector lácteo en Lugo

Tractorada en Vilalba

A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego convoca para mañá, xoves 3 de setembro, unha nova tractorada na cidade de Lugo para esixirlle ás Administración que adopten medidas para solucionar a crise de prezos que vive o sector e a falta de garantías de recollida do leite.

Segundo informa a Plataforma, o punto de reunión dos tractores é ás 11:30 horas no Campo de Fútbol do Anxo Carro, ao lado do Pazo de Feiras.

Dende ese punto sairán todos os tractores cara a cidade facendo o seguinte percorrido: Campo de Fútbol, estrada N-VI, Avenida das Américas, Rúa de Betanzos, Avenida da Coruña, Ronda da Muralla co obxectivo de rodear de tractores o perímetro da muralla.

Ás 13:00 horas sairá a manifestación a pé dende a Ronda da Muralla, continuando polas rúas San Fernando, Bolaño Rivadeneira, Quiroga Ballesteros, Subdelegación do Goberno, Conde de Pallares, Praza Maior, Concello, Rúa da Raíña, San Marcos, Deputación, Praza do Ferrol, Porta Falsa para rematar diante do edificio multiúsos da Xunta de Galicia.

Ás 14:00 horas está prevista a lectura do manifesto a cargo do xornalista lucense Paco Nieto.

Ás 17:00 horas prevese a saída dos tractores a través da rúa Ramón Ferreiro, para continuar pola Avenida de Madrid cara os diferentes destinos dos manifestantes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información