Isidoro Serantes, novo presidente do Consello Regulador da D. O. Rías Baixas

A vicepresidencia será asumida por Juan Carlos Vázquez Abal, de Carballal Vázquez Abal SL, tamén novo no cargo.

Publicidade
Isidoro Serantes, novo presidente do Consello Regulador da D. O. Rías Baixas

Pleno do Consello Regulador no que tomaron posesión os novos vogais.

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, presidiu este xoves a constitución do novo pleno do consello regulador da denominación de orixe (DO) Rías Baixas. A renovación faise no marco de cambios nos órganos de goberno de 15 consellos reguladores do ámbito agroalimentario.

O novo pleno de Rías Baixas quedou conformado por 22 vogalías, das cales 5 corresponden á Asociación Agraria de Galicia; 1 pertence a Unións Agrarias; 2 son do Sindicato Labrego Galego; 2 da Agrupación Profesional de Viticultores Rías Baixas; 1 da Asociación de Adegas Salnés; 7 corresponden á Asociación de Empresarios Bodegueros e Viticultores Rías Baixas e, por último, 4 para a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Tras a toma de posesión, os vogais aprobaron que a presidencia do consello regulador a asuma o viticultor e adegueiro Isidoro Serantes Serantes, novo no cargo en substitución de Juan Gil de Araújo; mentres que a vicepresidencia será asumida por Juan Carlos Vázquez Abal, de Carballal Vázquez Abal SL, tamén novo no cargo.

Cabe lembrar que nas pasadas eleccións só votaron determinados censos dos consellos reguladores das denominacións de orixe (DO) vitivinícolas de Monterrei, Rías Baixas, Ribeiro e Valdeorras. Tamén, no da indicación xeográfica protexida (IXP) Mel de Galicia e no das IXP das Carnes de Vacún de Galicia. O resto de censos tiñan candidatura única ou chegaron a un acordo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información