Investigadores portugueses e a Deputación de Pontevedra colaboran no proxecto BEAP-MAR

A delegación do Instituto Politécnico de Leiria acudiu ao centro provincial con mostras para a súa análise en Areeiro no marco do proxecto europeo BEAP-MAR

Investigadores portugueses e a Deputación de Pontevedra colaboran no proxecto BEAP-MAR

Javier Tourís recibiu á delegación do Instituto Politécnico de Leiria.

A Deputación de Pontevedra acaba de recibir na Estación Fitopatolóxica de Areeiro a un grupo de investigadores portugueses que están a afondar nos retos da bioeconomía azul no Espazo Atlántico, unha iniciativa na que traballan xunto coa institución provincial e otras entidades de Francia e Irlanda.

Javier Tourís, deputado da Estación Fitopatolóxica Areeiro, encargouse de acoller á delegación do Instituto Politécnico de Leiria que acudiu ao centro provincial con mostras para a súa análise no laboratorio, no marco do proxecto europeo BEAP-MAR. Este está coordinado pola USC e financiado con 1,66 millóns de euros do Interreg Atlántic Area 2021-2027.

O proxecto BEAP-MAR ten como obxectivo valorizar organismos mariños que non teñen sido tradicionalmente explotados de forma comercial, como novas cepas de microalgas e macroalgas, fungos mariños e esponxas. A finalidade é impulsar proxectos innovadores e produtos sostibles con alto valor engadido.

O deputado da Estación Fitopatolóxica Areeiro coa delegación do Instituto Politécnico de Leiria.

O deputado da Estación Fitopatolóxica Areeiro coa delegación do Instituto Politécnico de Leiria.

Mediante esta iniciativa, búscase fortalecer a competitividade das empresas no Espazo Atlántico, avaliar tecnoloxías avanzadas mediante probas de produtos, mellorar a capacidade das empresas para desenvolver modelos de negocio adecuados, incrementar o coñecemento sobre os organismos mariños desa área e promover o crecemento da bioeconomía azul.

No caso da Deputación de Pontevedra, a Estación Fitopatolóxica Areeiro está a realizar tarefas de identificación de organismos mariños, principalmente fungos, para que os socios do proxecto poidan posteriormente investigar se eses organismos conteñen biomoléculas de interese para a industria.

Ademais da Deputación e da Universidade de Santiago, no proxecto BEAP-MAR participan outros seis socios de catro países da Área Atlántica: as universidades de Galway (Irlanda) e do Algarve (Portugal); dous centros de investigación superior, o Politécnico de Leiria (Portugal) e o Commissariat à l’énergie atomique et énergies alternatives (Francia); a axencia nacional francesa French Agency for Food, Environmental and Occupational Health & Safety, e o centro de innovación empresarial WestBIC (Irlanda).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información