Investigadores en viticultura de toda España reuniranse esta semana en Ourense

Son as V Xornadas do Grupo de Viticultura da Sociedade Española de Ciencias Hortícolas e celébranse do 25 ao 27 de xuño en Ourense. Participarán tanto centros de investigación como o sector económico e produtivo

Publicidade
Publicidade
Investigadores en viticultura de toda España reuniranse esta semana en Ourense
Data inicio: 25/06/2024
Data fin: 27/06/2024
Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel, Rúa do Progreso, Ourense, Orense, España

A Sociedade Española de Ciencias Hortícolas, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) e a Universidade de Santiago de Compostela (EPSE-Lugo) organizan as V Xornadas do grupo de Viticultura da Sociedad Eepañola de Ciencias Hortícolas (SECH), que se celebrarán en Ourense a próxima semana, entre os días 25 e 27.

As xornadas pretenden ser un foro de comunicación no que se expoñan traballos de investigación, desenvolvemento e de aplicación tecnolóxica realizados no ámbito da viticultura, coa participación de centros de investigación e tamén do sector económico e produtivo.

Entre outros temas abordarase a caracterización do material vexetal da vide, con traballos realizados en distintas rexións vitivinícolas como a Rioxa ou variedades autóctonas como Branco Lexítimo ou antigas variedades de mesa de Alacante e Valencia. Tamén se analizará a influencia do cambio climático e o uso de cubertas vexetais ou a resposta do viñedo ao estrés hídrico. A viticultura de precisión será outro dos eixos das xornadas.

O encontro celebrarase noCentro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense. Aínda que arrincará o martes día 25 coa acreditación e a entrega de documentación, o programa de actividades centrarase nos días 26 e 27, nos que se realizarán distintas exposicións, así como visitas a adegas do Ribeiro e Ribeira Sacra.

Programa das xornadas

Martes 25 de xuño

19:00 a 20:30 horas. Acreditación e entrega de documentación.

20:30 a 21:30 horas. Recepción dos asistentes á xornada.

Mércores 26 de xuño

SESIÓN 1. Caracterización do material vexetal de vide

8:30 – 8:45 horas. Caracterización fenolóxica de 358 variedades de vide (Vitis vinifera L.) conservadas no banco de xermoplasma do Rancho da Mercé. Rocío Gutiérrez Escobar (IFAPA).

8:45-9:00 horas. A análise de mostras de vide recollidas en localidades rioxanas fóra da DOCa Rioxa permite identificar variedades posiblemente relevantes na zona e novos xenotipos varietais. Javier Ibáñez (ICVV-CSIC).

9:00-9:15 horas. Avaliación da variabilidade no número de sementes por baga en biotipos da variedade Graciano recuperados en Navarra. Alfredo Roda Dez (Gobierno de Navarra).

9:15 – 9.21horas. Análise da variabilidade xenética mediante marcadores ISSRs en 25 xenotipos de Bobal. Rosa Peiró (UPV).

9:21 – 9:27 horas.  Calidade aromática da variedade Branco Lexítimo cultivada na D.O. Ribeira Sacra. Adaptación ás condicións de viticultura de montaña. Mar Vilanova (ICVV-CSIC).

9:27- 9:33 horas. Características de 5 variedades minoritarias de vide recoñecidas no Rexistro de Variedades Comerciais de España en 2023. José Antonio Rubio Cano (ITACYL).

9:33 – 9:39 horas. Prospección de variedades antigas de uva de mesa nas provincias de Alacante e Valencia (Comunitat Valenciana). Carmina Gisbert (UPV).

9:40 – 10:00 horas. Presentación de pósteres. Sesión 1.

10:00 – 10:30 horas. Conferencia convidada. José Miguel Martínez Zapater (ICVV-CSIC).

10:30 – 11:00 horas Café. Visita a pósteres.

11:00 –  11:30 horas. Inauguración da xornada 

SESIÓN 2. Cambio climático e sostibilidade

11:30-11:45 horas. Efecto das cubertas vexetais, fertilización e os factores edafoclimáticos na microbiota do solo de viñedos comerciais no Alt Empordá (Xirona). Marc Viñas Casals (IRTA).

11:45- 11:51 horas. Cultivos de cobertera  como alternativa no  manexo do solo en viñedos de Ribeira Sacra. Julián García Berrios (USC).

11:51- 11:57 horas. Eficiencia da vendima mecánica en viñedos de alto rendemento. Pedro Junquera González (XESTIÓN INTEGRAL DE VITICULTURA S.L.).

11:57-12:03 horas. Análise do tamaño e a estrutura das uvas da variedade Airén en relación co seu contido en azucre. Pedro Junquera González (XESTIÓN INTEGRAL DE VITICULTURA S.L.).

12:03 – 12:09 horas. Como a elección do material vexetal e das prácticas de plantación (variedade, portainxertos, densidade de plantación e idade das viñas) afectan ao rendemento de uva segundo o selo de calidade asociado. Análise dunha gran base de datos de produtores do sur de Francia. Hugo Fernandez Mena (INRAE/UPM).

12:09 – 12:15 horas. Efectos das cubertas vexetais e o portainxerto sobre a produtividade e composición da uva Bobal en secaño. Camilo Chirivella Romero (ITVE).

12:15-12:30 horas. Presentación de pósteres. Sesión 2.

SESIÓN 3. Cambio climático e sostibilidade

12:30 – 12:45 horas. Avaliación sobre a adecuación de rexións montañosas para implementar viñedos. Armand Casadó Tortosa (IRTA).

12:45 – 13:00 horas. Avaliación comparativa do impacto do portainxerto, o biotipo e dalgunhas técnicas de cultivo sobre o pH do mosto na variedade Tempranillo. Gonzaga Santesteban García (UPNA).

13:00 – 13:06 horas. Impacto do quecemento e redución de choiva na composición físico química de uvas cv. Monastrell procedentes dun viñedo comercial en cultivo ecolóxico. Campaña 2023. Esperanza Valdés (CICYTEX).

13:06-13:12 horas. Aplicación de caolín como técnica de adaptación ao cambio climático. Ignacio Buesa Pueyo (CIDE-CSIC).

13:12- 13:18 horas. A forma de condução e a rega deficitária em vinha como estratégias de adaptação às alterações climáticas non nordeste de Portugal. Aureliano Malheiro (UTAD).

13:18 -13:30 horas. Presentación de pósteres. Sesión 3.

13:30-13:45 horas. Visita a pósteres.

13:45 – 15:30 horas. Comida. 

Visita Técnica D.O. Ribeiro
15:30 – 16:30 horas. Desprazamento para visita técnica á D.O. Ribeiro.
16:30 – 17:30 horas. Visita técnica– Museo do Viño – Ribadavia.
17:30 – 18:00 horas. Desprazamento a Adega Ramón do Casar.

Conferencias seleccionadas:
18:00-18:15 horas. Caracterización agronómica de 9 variedades ‘PIWI’ resistentes a mildio e a oídio en Castela e León. Enrique Barallas (ITACYL).

18:15- 18:30 horas. Explorando o interese de utilizar xemelgos dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe de poda da vide. Mónica Galar Martínez (UPNA).

18:30- 18:45 horas. Toxicidade, actividade preventiva e regulación de xenes: consecuencias da aplicación de diferentes substancias básicas no control do mildio da vide. Ana Díez Navallas (NEIKER).

19:00 – 19:30 horas. Demostración Viñedo Proxecto Piloto FITODRON (Adegas Valmiñor e FORTOP).

19:30 – 20:30 horas. Visita técnica viñedos/adega con cata comentada.

20:30 – 21:30 horas. Desprazamento á sede da Xornada.

21:30  horas. Cea de Gala. Restaurante O Coto

Xoves 27 de xuño 

SESIÓN 4. Resposta da vide a estrés bióticos e abióticos

8:30 – 8:45 horas. Protección fronte ao estrés por seca en vide mediante o uso do agonista iSB09 dos receptores do ácido abscísico. Raúl Ferrer Gallego (CIDE).

8:45- 9:00 horas. Potencial hídrico temperán (7 hs) e fisioloxía (9 hs) en función da apertura do canopy en espaldeira en Tempranillo na D.O. Ribeira do Douro. Jesus Yuste Bombín (ITACYL).

9:00 – 9:15 horas. Influencia da morfoloxía radicular e anatomía vascular dos portaenxertos de vide na súa resposta ao déficit hídrico. José Gradua (UIB).

9:15 – 9:30 horas. O portaenxerto induce diferentes estratexias de tolerancia á seca en viñas Monastrell sometidas a rega deficitaria. Pascual Romero Azorín (IMIDA).

9:30 – 9:36 horas. Variabilidade de síntomas e danos por enrolado da vide causados por illados de GLRaVs procedentes das D.O galegas. Cristina Cabaleiro Sobrino (USC).

9:36 – 9:42 horas. As ondas de calor modulan a resposta fisiolóxica da vide e poden alterar a composición cérica da cutícula da uva. Olfa Zarrouk (IRTA).

9:42 – 9: 48 horas. Interacción portainxerto-vinifera na resposta ao déficit hídrico. Luis Flor Chacón (UIB).

9:48 – 9:54 horas. Avaliación da sensibilidade aos funxicidas en poboacións de Plasmopara viticola procedentes de viñedos de Txakoli e Rioxa. Helene Sanchez Zelaia (NEIKER).

9:54 – 10:00 horas. Efectos interactivos do portainxerto e a variedade sobre a resposta ao déficit hídrico. Ignacio Buesa Pueyo (CIDE).

10:00 – 10:06 horas. Diferentes estratexias de tratamento para o control do mildio supoñen diferente composición na microbiota da baga. Ana Díez Navallas (NEIKER).

10:06 – 10:12 horas. Potencial hídrico temperán (7 hs) e fisioloxía (9 hs) afectados pola frecuencia de rega durante o verán en Tempranillo na D.O. Ribeira do Douro. Jesús Yuste Bombín (ITACYL).

10:12 – 10:30 horas. Presentación de posters. Sesión 4.

10:30 a 11:00 horas. Café. Visita a pósteres.

SESIÓN 5. Viticultura de precisión

11:00-11:15 horas. Calibración da ferramenta RETOAGUACLM para optimizar a programación de regas no cultivo da vide baixo diferentes réximes hídricos. José Antonio Martínez López (CREA-UCLM).

11:15 – 11:30 horas. Integración de sistemas de alerta e modelos matemáticos para comprender a dinámica epidemiolóxica da enfermidade do mildio da vide. Amal Chakhar (UCLM).

11:30 – 11:45 horas. Fenotipado mediante teledetección próxima de biotipos da variedade Bobal de vide para a selección de clons mellor adaptados a un clima semiárido. Pedro Fernando Freire García (CIDE).

11:45 – 12:00 horas. Cuantificación do volume de biomasa aérea e volume de madeira en cultivo de vide mediante técnicas de teledetección de rango próximo. Agustín Sevilla Resa (UCLM).

12:00 – 12:15 horas. Caracterización agronómica e zonificación de viñedos enmarcados baixo a D.O. Rías Baixas cultivados coa variedade cv. Albariño. Marta Rodríguez Fernández (USC).

12:15 – 12:21 horas. Fertilización sostible do viñedo galego. María Dolores Loureiro Rodríguez (EVEGA).

12:21 – 12:27 horas. Prácticas sostibles e innovacións tecnolóxicas en Adegas CM de Matarromera. Diagnostico e xestión de EMV na DOCa Rioxa. Sonia Villanueva Sánchez (MATARROMERA).

12:27 – 12:45 horas. Presentación de pósteres. Sesión 5.

12:45 – 13:00 horas. Visita a pósteres. Sesión 5.

13:00 a 13:30 horas. CLAUSURA DA XORNADA

13:30 a 15:00 horas. Xantar.

Opcional 
15:00 – 15:45 horas. Desprazamento para visita enoturística á D.O. Ribeira Sacra.
15:45 – 17:15 horas. Viaxe en catamarán polo río Sil.
17:15 – 18:00 horas. Visita ao miradoiro de Souto Chao.
18:00 -20:00 horas. Visita á adega e viñedos de Regina Viarum. Cata comentada.
20:15 – 21:00 horas. Viaxe de regreso a Ourense.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información