A Interpofesional Láctea reclama “responsabilidade” aos transportistas para non paralizar a actividade dun sector “que xa ten enormes dificultades”

A Interpofesional Láctea reclama “responsabilidade” aos transportistas para non paralizar a actividade dun sector “que xa ten enormes dificultades”

A Interprofesional Láctea (INLAC) advertiu esta mañá a través dun comunicado de que “a folga de transportes e o bloqueo de estradas xa está a ter efectos moi negativos no lácteo, nun momento de enormes dificultades para o sector”. En concreto, a interrupción na circulación de camións está a pór en perigo a subministración de pensos ás granxas, de embalaxes e materiais ás plantas de produción e a saída de leite e outros produtos lácteos terminados cara aos supermercados.

Neste sentido, a InLac -que representa a un sector conformado por 21.700 gandeiros e un gran número de cooperativas e fabricantes, que xera máis de 60.000 empregos directos e factura ao redor de 13.000 millóns de euros ao ano- advirte que “a recollida do leite nas granxas, o envasado, a transformación de produtos lácteos e a distribución aos supermercados corre perigo”, polo que chama ao diálogo e á responsabilidade para atopar unha saída ao conflito.

“O sector lácteo comparte o impacto pola subida imparable do combustible e o respecto ao dereito á folga pero chama á responsabilidade de todos para non paralizar o sector lácteo nin provocar o seu colapso”, subliña.

As asociacións do sector gandeiro critican a falta de servizos mínimos e de actuación do Goberno

Pola súa banda, as principais organizacións sectoriais gandeiras e da industria de fabricación de pensos emitiron este mércores un comunicado conxunto no que advirten da grave situación que vive o sector pola folga dos transportistas, con numerosas fábricas, particularmente da zona centro e sur de España, deberon xa pechar a súa actividade, e con moitas explotacións gandeiras que se atopan sen penso para os seus animais. A iso hai que engadir que a actividade do transporte de gando tamén se atopa gravemente interrompida, cos consecuentes problemas de benestar animal que iso leva cando os desprazamentos non se realizan nos tempos programados.

Alertan de que “a situación é particularmente grave ao non establecerse, nin pola organización convocante nin pola administración, servizos mínimos que aseguren a continuidade, polo menos parcial, de servizos legalmente esenciais como é a alimentación ao gando”.

Así mesmo, critican que “a falta de acción das forzas e corpos de seguridade do Estado, na maior parte dos casos, impídenos asegurar o mantemento da nosa actividade”.

Ademais, lembran que “a alimentación do gando e a gandaría non só son servizos legalmente esenciais para a sociedade, senón que, de seguir interrompidos e máis aló do desabastecemento de produtos gandeiros, pódense producir problemas de saúde pública ao non poder alimentar aos animais”.

É por iso polo que requiren da Administración do Estado “medidas urxentes para asegurar o mantemento da nosa actividade”.

Entidades asinantes do comunicado: 

Asociación de Fabricantes de Harina de España (Afhse)

Asociación Nacional de Productores de Ganado Porcino (Anprograpor)

Asociación Empresarial de Acuicultura de España (Apromar)

Asociación Española de Productores de Huevos (Aseprhu)

Asociación Española de Productores de Vacuno de Carne (Asoprovac)

Asociación Interprofesional de Carne Avícola (Avianza)

Confederación Española de Fabricantes de Alimentos Compuestos Para Animales (Cesfac)

Federación Española de Empresas del Sector de la Producción de Huevos y Ovoproductos (Federovo)

Organización Interprofesional del Ovino y Caprino de Carne (Interovic)

Asociación Interprofesional de las Palmípedas Grasas (Interpalm)

Interprofesional del Porcino de Capa Blanca Español (Interporc)

Organización Interprofesional de la Carne de Vacuno de España (Provacuno)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información