A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Intercambio de datos de saúde podal entre Uniform-Repro e a aplicación Hoof Manager

Anka Coidado de pezuñas e Uniform-Agri selan unha colaboración para facilitar a xestión de datos, a análise e seguimento da saúde podal nas gandarías

Intercambio de datos de saúde podal entre Uniform-Repro e a aplicación Hoof Manager

As empresas Anka Coidado de pezuñas e Uniform-Agri acaban de asinar un acordo de colaboración para facilitar a xestión de datos, a análise e seguimento da saúde podal nas gandarías. Desta maneira, o programa de xestión de rabaños Uniform-repro permite intercambiar datos con aplicacións de saúde podal utilizadas polos recortadores de pezuñas.

Esta funcionalidade é unha ferramenta máis para axilizar a entrada de datos ao programa. No canto de ter que introducir manualmente tódalas revisións e tratamentos realizados na visita do podólogo, impórtase todo á vez desde un único arquivo, xerado de forma moi sinxela pola App do podólogo.

Ademais, é posible exportar datos esenciais desde o programa de xestión á App de saúde podal, para manter os datos do técnico actualizados en cada visita. “Coa utilización desta ferramenta, o manexo dos datos de coxeiras e das revisións para recorte preventivo ou outros tratamentos será moito máis sinxelo e rápido”, explican dende as firmas implicadas.

Este intercambio de datos estaba habilitado para programas de Norteamérica e Reino Unido. Con este acordo, desde hai unhas semanas tamén está dispoñible en España para a App Hoof Manager, utilizada por tódolos técnicos do grupo Anka.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información