Instrucións para facilitar o acceso ás axudas dos plans de mellora

A Consellería publica na súa páxina web a Norma Complementaria da Orde de axudas para agricultores mozos, para pequenas explotacións e para plans de mellora

Instrucións para facilitar o acceso ás axudas dos plans de mellora

A Consellería do Medio Rural publica na súa páxina web a Norma Complementaria da Orde da Consellería do Medio Rural do 23 de decembro de 2015 pola que se convocan para o ano 2016 as axudas para apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos, e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014_2020.

Esta norma contén as instrucións para adaptar a normativa ás distintas situacións que se dan nas explotacións agro-gandeiras, que se incorpora como anexo e que non pode ser contidas na orde pola súa especificidade técnica. Toda a información relativa a ditas instrucións poderá ser consultada na seguinte ligazón: http://www.medioruralemar.xunta.es/es/areas/explotaciones/planes_de_mejora/

O 18 de setembro é a data límite para presentar as licenzas e autorizacións para realizar os investimentos

Os aspectos máis importantes que regula esta norma están relacionados con aspectos xerais que afectan ás tres liñas de axudas, como pode ser o establecemento dos límites de investimento e a data desde a que se computan estes límites. Así, establécese o día 18 de setembro de 2016 como data límite na cal deberán estar presentados todo tipo de licenzas e outras autorizacións, informes ou permisos necesarios para a realización de calquera dos gastos ou investimentos contemplados nas solicitudes.

Por outra banda establécense determinadas consideracións referentes ás explotacións agrarias, entre as que salientan o que se entende por explotación de autoconsumo, así como as dimensións, rendementos e condicións particulares das explotacións.

Aclaración de detalles para solicitar as axudas

Tamén se regulan consideracións xerais sobre os beneficiarios das axudas para as distintas liñas e, en concreto, para a nova liña de axudas a pequenas explotacións na que se establecen as condicións mínimas iniciais que deberán cumprir as explotacións para poder acceder a esta liña de axudas.

Do mesmo xeito, nas axudas de primeira incorporación acláranse determinados aspectos relacionados coa titularidade compartida e a cotitularidade de explotacións. Polo que respecta aos investimentos, dítanse instrucións para regular os límites e a natureza dos investimentos elixibles en determinados bens como a maquinaria agrícola, compra de terras, pradeiras, cercas e as construcións agrarias para as orientacións produtivas máis solicitadas nestas liñas.

Por último, a norma complementaria engaden dous anexos nos que se reflicten os ingresos brutos e dimensións mínimas das principais orientacións produtivas, así como as claves e os módulos máximos da maioría dos investimentos solicitados.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información