Innovación agropecuaria, a aposta da feira Abanca Cimag-GandAgro 2025 que tamén se recoñecerá en dous dos seus concursos

innogando gandagro 2023A V Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2025, que se celebrará do 20 ao 22 de febreiro na Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda, Pontevedra), premiará o último en tecnoloxía agropecuaria exposta no certame a través dos concursos Abanca GandAgro Innova e Máquinas Destacadas Cimag.

En canto ao Máquinas Destacadas Cimag premiará as innovacións en maquinaria que sobresaian por avances en deseño, prestacións e calidade do traballo, destacándose a maquinaria dirixida á agricultura que se desenvolve en Galicia e as rexións do norte de España e Portugal. Poderán presentarse solicitudes ata o 11 de febreiro.

Respecto ao concurso GandAgro Innova, o seu obxectivo é premiar as innovacións destinadas a optimizar os recursos agrogandeiros que supoñan un avance ou mellora no ámbito dos medios de produción, transformación, comercialización ou para o desenvolvemento nas zonas rurais, nos sectores agrícola e gandeiro. Cada expositor poderá presentar propostas referidas a produtos, bens ou elementos, equipos e instalacións, sistemas e métodos, programas ou servizos ata o 12 de febreiro.

En ambos os concursos as inscricións xa están abertas e poden consultarse na web www.cimag.gandagro.com.

Galardóns na última edición

Na pasada edición da feira, celebrada en marzo de 2023, no GandAgro Innova resultou gañador un modelo de mellora de benestar animal en maternidade en explotación porcina presentado por Nudesa, sendo as mencións para un pórtico prefabricado en formigón de canto reducido para ventilación forzada de Prefabricados Faro e para un dispositivo de monitorización e xeolocalización para gando con recoñecemento de actividade en tempo real de Innogando.

Por outra banda, no Máquinas Destacadas Cimag, foron distinguidas 12 innovacións: a tecnoloxía de agricultura de precisión John Deere MachineSync, presentada por Agrícola Noroeste; un terminal táctil de guiado manual, autoguiado e Isobus e unha rotoempacadora de cámara variable, ambos de Claas Ibérica; un remolque autocargador e un anciño hilerador de cinta arrastrado Pöttinger presentados por Durán Maquinaria Agrícola; unha báscula para unifeed Dinamica Generale de Electricidad Mario; un tractor propulsado por metano de New Holland presentado por Fariña Maquinaria, o tractor Valtra Q 305, de man de Hitraf, un rotocultivador Ozdoken presentado por Magrican Aperos y Repuestos; unha plataforma de xestión integral e valorización de xurros Agroxcontrol de Maquinaria Agrícola Plumed; un manipulador telescópico supercompacto Bobcat presentado por Talleres Turquino e unha minicargadora articulada multifunción Avant de Torneiro Maquicoruña.

gandagro innovacion

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información