Inleit fabrica en Curtis unha nova proteína láctea para a industria alimentaria

Esta nova liña de produto de última xeración, elaborada a partir de leite galego, foi presentada este mércores na Feira Internacional de Frankfurt, en Alemaña. Trátase dunha caseína micelar con aplicación para a fabricación de queixos e complementos nutricionais

Un momento de la presentación de los nuevos productos fabricados por Inleit en su stand en la feria de Frankfurt (Alemania)

Un momento da presentación dos novos produtos fabricados por Inleit no seu stand da feira de Frankfurt

A empresa InLeit Ingredients, filial galega de Lácteos Industriais Agrupados (LIASA), situada na localidade de Curtis, aproveitou a súa presenza na feira Food Ingredientes Europe (FIE), considerada un dos principais escaparates do sector de ingredientes a nivel internacional, para lanzar o primeiro produto da súa nova gama de proteína láctea, LeitUp.

Trátase de LeitUP M85 B, unha caseína micelar, que permitirá á industria o desenvolvemento de novas aplicacións. A planta de InLeit, con sede en Curtis, é unha das poucas instalacións a nivel mundial preparada para producir este tipo de proteínas.

A factoría situada no polígono industrial de Teixeiro é unha das poucas instalacións a nivel mundial preparadas para producir este tipo de proteínas

Segundo explicou InLeit na súa presentación, estes produtos son de especial interese para a industria nutricional e queixeira grazas ás súas propiedades. Entre elas, destaca a súa alta estabilidade á calor e a súa excelente solubilidade, o que a converte nun ingrediente idóneo para a elaboración de bebidas altamente proteínicas e con moi baixa viscosidade. Así, entre outros exemplos de aplicabilidade, están as barriñas, iogures cun alto valor proteico e tamén as novas variedades de queixo procesado.

Barriñas enerxéticas, iogures hiperproteicos ou novas variedades de queixo procesado son algunhas das aplicacións de caseína micelar

“Este novo produto é o resultado dun proceso único, da nosa experiencia no desenvolvemento de derivados lácteos e do esforzo do noso equipo de I+D. É, por tanto, o froito de meses de traballo que nos permitiron alcanzar un produto de altísima calidade”, explica Franck David, director de I+D de InLeit.

A saída ao mercado deste novo produto supón un avance significativo na carteira de InLeit

A saída ao mercado deste novo produto, LeitUp M85 B, supón un avance significativo na carteira de InLeit, que presenta así a súa gama máis especializada, que irá ampliándose nos próximos meses co desenvolvemento de novos produtos que teñen como principal obxectivo dar unha resposta de calidade á crecente demanda de novos ingredientes. Todo isto marcado por unha sociedade cada vez máis concienciada e esixente coa saúde e o benestar.

O camiño cara a un novo modelo nutricional pide ao mercado novos produtores hiperproteicos, dirixidos a persoas que buscan opcións máis saudables, con menos aditivos e maior pureza, e é aí onde InLeit quere centrar os seus esforzos innovadores.

Exportación desde Curtis a más de 30 países

A compañía, que iniciou a súa actividade no ano 2000, conta cunha capacidade de produción de 16.000 toneladas anuais de proteínas funcionais, unha liña de negocio cuxa maior demanda está no mercado internacional, onde InLeit está presente nunha trintena de países.

Cunha superficie construída de máis de 12.000m² e máis de 700m² dedicados exclusivamente ás actividades de I+D, a construción da factoría de InLeit no polígono industrial de Teixeiro supuxo un investimento de 120 millóns de euros.

A empresa realiza actualmente unha ampliación da planta para completar o proceso de procesado do leite coa elaboración de produtos derivados da materia graxa

Actualmente, e co obxectivo de pechar o ciclo dentro da mesma planta, a compañía ten en marcha dous novos proxectos en construción nesta localidade. A primeira delas, unha planta piloto para a obtención de novos ingredientes lácteos e desenvolvemento de novas aplicacións. Actualmente, atópase na fase final previa á súa posta en marcha.

A segunda construción estará dirixida á elaboración de emulsións graxas. Para iso, o grupo lácteo realizará un investimento superior aos 16 millóns de euros. Con ela prevese pechar o círculo de todo o proceso no mesmo recinto, de modo que se extraia a proteína, por unha banda,se realicen novos ingredientes e, co excedente de materia graxa, se elaboren outro tipo de produtos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información