Inleit conclúe a fase de probas da súa planta de Curtis, que pon oficialmente en marcha

A compañía investiu 130 millóns de euros no complexo, que ten capacidade para procesar 700.000 litros de leite diarios, a partir dos que obterá distintas aplicacións de proteína láctea

Inleit conclúe a fase de probas da súa planta de Curtis, que pon oficialmente en marcha

A empresa InLeit Ingredients puxo en marcha a planta de Curtis, tras obter as autorizacións administrativas correspondentes e superar as distintas fases de probas para a elaboración dos seus produtos derivados do leite nos estándares de calidade marcados pola compañía, segundo informa nunha nota de prensa.

A factoría conta con capacidade para tratar unha media de 700.000 litros de leite diarios, que proceden en xeral dun radio de 100 quilómetros á redonda desta instalación. Isto significa que InLeit conta cunha capacidade para tratar o 9% da produción láctea de toda a comunidade.

O obxectivo da compañía con esta factoría é o de pór no mercado aplicacións de proteína láctea, especialmente dirixidas a sectores cunha crecente demanda: alimentación deportiva, infantil, industria láctea fresca e do queixo.

A maior parte da produción, segundo os acordos de comercialización cos que xa traballa a compañía, estará destinado ao estranxeiro, onde conta xa con acordos comerciais con 25 países, tanto na UE, como en países árabes e asiáticos.

Na factoría, unha das máximas é reducir partes improductivas, algo posible grazas á precisión de toda a maquinaria da planta, que permite extraccións por un sistema de membranas, que evita case ao completo os aditivos. Isto permite comercializar tamén a graxa (nata que se desprende do proceso), para cuxa venda existen tamén acordos de exportación..

Desenvolvemento dunha planta piloto
Unha vez, a planta principal está en marcha, a compañía acometerá a construción e desenvolvemento dunha planta piloto destinada á síntese de proteínas e subproductos lácteos de alta calidade, que permitirá dar servizo a outras empresas do sector.

Sobre InLeit
InLeit Ingredients é unha unión empresarial formado por LIASA (Grupo Lácteos Industriais Agrupados), e a compañía alimentaria estadounidense (Rich Products Corporation). Ambas se uniron en 2017 para formar unha alianza para a fabricación de derivados lácteos de alta calidade.

A factoría creada por Inleit en Curtis conta cunha superficie construída de 12.700m², dos que 700m2 están dedicados exclusivamente a I+D+i. Dá emprego directo a 130 de persoas e o indirecto ascende a preto do milleiro, con especial peso no transporte de recollida de leite, pero sobre todo nun gran número das explotacións agrarias e varias cooperativas que provén diariamente a InLeit. En total, hoxe, suman máis de 200 explotacións lácteas como provedoras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información