A INLAC presenta este xoves en Lugo o seu estudo sobre o sector lácteo en España

Intervirán no acto o lucense Daniel Ferreiro, presidente da Interprofesional Láctea, así como os coordinadores do traballo, editado por Cajamar

A interprofesional láctea (INLAC) presenta este xoves en Lugo o seu estudo sobre o sector en España. O acto terá lugar ás 12:30 horas no Hotel Méndez Núñez.

A benvida aos asistentes ao acto correrá a cargo de Eduardo Baamonde, presidente de Cajamar; de Daniel Ferreiro, presidente da InLac; e de Raúl Ortega, director territorial de Cajamar.

A continuación, os coordinadores do estudo, Manuel Lainez e Edelmiro López, presentarán o libro que analiza a situación do sector lácteo en España. Por último, haberá un coloquio entre os asistentes para pechar o programa.

Invitación presentación del Libro de Lácteos 2023 Lugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información