Este martes 2 de setembro comezará a vendima na Denominación de Orixe Monterrei. A primeira adega en iniciar a recollida da uva será Manuel Vázquez Losada, en Castrelo do Val.
Deste xeito, a vendima de Monterrei súmase ás xa iniciadas en Valdeorras, o 21 de agosto, e, dun xeito máis puntual, na Ribeira Sacra, onde tres adegas comezaron a vendimar fincas específicas o 29 de agosto, pero espérase que a vendima alí se xeneralice a mediados de setembro.