Iníciase en España o pago anticipado das axudas da PAC

Galicia ten previsto abonar antes do 1 de decembro un total de 26,7 millóns de euros, o que representa ao redor dun 15% do total dos pagos ó sector

Iníciase en España o pago anticipado das axudas da PAC

O Ministerio de Agricultura, a través do Fondo Español de Garantía Agraria (Fega), comezou esta semana a transferir ás comunidades autónomas 2.800 millóns de euros para os pagos anticipados das axudas directas da Política Agraria Común (PAC) correspondentes á campaña 2022. Estes pagos beneficiarán aos preto de 650.000 agricultores e gandeiros que presentaron a solicitude única de axudas nesta campaña.

En Galicia este anticipo inicial supón 26.780.000 euros, o que representa ao redor dun 15% do total dos fondos que se abonarán aos produtores. O pago dos anticipos, calculados conforme ás previsións das comunidades autónomas, prolongarase ata o 30 de novembro. A partir do 1 de decembro comezará o periodo ordinario de pago da PAC.

Entre as comunidades que non figuran como solicitantes de pago anticipado están só Asturias e País Vasco, neste último caso comunicou a renuncia expresa a facer pagos anticipados.

Cada semana, as comunidades que tramitaron estes anticipos irán solicitando ao Fega a cantidade concreta a abonar, unha información que o Fega irá publicando semanalmente na sección de Prefinanciacion de fondos Feaga. Nesta primeira semana, do 16 ao 23 de outubro, Galicia polo de agora a penas solicitou anticipo dos fondos (61.000 euros).

Estes pagos anticipados buscan dotar de maior liquidez ás explotacións e gandeiras. Ademais, contribuirán a que os agricultores e gandeiros poidan afrontar en mellores condicións as actuais perturbacións económicas derivadas da guerra en Ucraína.

Os pagos de anticipos supoñerán preto de 2.800 millóns de euros, dos que algo máis de 2.000 milóns de euros pagaranse entre o 17 e o 21 de outubro, segundo os datos do Ministerio. Destaca o dato de Andalucía, que prevé abonar esta semana xa máis de 800 millóns de euros.

anticipos axudas PAC 2022

Anticipos solicitados por cada comunidade autónoma.

Anticipos do 70%

Nesta campaña, con motivo das adversidades climáticas, a situación dos prezos das materias primas, fertilizantes e enerxía, España solicitou á Comisión Europea o incremento da porcentaxe que se pode abonar como anticipo deste tipo de axudas. Desta forma, a Comisión Europea autorizou que o anticipo do 50 % que establece o regulamento puidese alcanzar este ano o 70 % do total da axuda.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información