Inician un estudo sobre o impacto da Vespa velutina nos insectos polinizadores

Inician un estudo sobre o impacto da Vespa velutina nos insectos polinizadores

Velutina atacando unha colmea

A Asociación Sectorial Forestal Galega (ASEFOGA), informa da posta en marcha do proxecto “Biodiversidade Polinizadora” mediante o que se realizará un estudo da cuantificación da afección da presenza da Vespa velutina nos insectos polinizadores, co fin de avaliar a biodiversidade da entomofauna local tras a chegada da especie invasora. O proxecto conta co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

O proxecto ten unha duración de 2 anos e para desenvolvelo vanse a seleccionar niños de velutina en distintos ambientes climáticos de Galicia para ser monitorizados mediante sensores que recollen distintos datos de variables atmosféricas co fin de coñecer se afectan á actividade depredadora da Vespa velutina.

Outro dos aspectos de estudo será a identificación das presas que leva ao niño a velutina para realizar a súa caracterización e obter información dos grupos de insectos que son máis atacados pola especie exótica.

ASEFOGA VELUTINA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información