Industrias e organizacións agrarias abordan a situación de prezos do leite e os novos contratos

O sector mantén unha reunión no marco do acordo lácteo na que se constata unha demanda unánime dos gandeiros a prol da recuperación dos prezos en orixe, de acordo coa evolución europea

Industrias e organizacións agrarias abordan a situación de prezos do leite e os novos contratos

Reunión hoxe da comisión de seguemento do acordo lácteo.

Os principais actores do sector lácteo, industrias, distribución, organizacións agrarias e cooperativas, víronse hoxe as caras dez meses despois da última reunión de seguemento do acordo lácteo. O encontro, no que por parte galega estiveron Roberto García e Román Santalla, de Unións Agrarias – Upa, serviu para constatar novamente o desencontro entre a parte industrial e o sector gandeiro, que reclama unha suba de prezos do leite en sintonía coa tendencia europea.

“Os custos de produción no campo subiron un 7%, segundo os datos do propio Ministerio, e é o momento de que a industria apoie ós gandeiros. En Europa estamos nunha boa situación de prezos, cun bo escenario para a manteiga e o leite en po; e en España os datos de consumo e de prezos do leite na distribución que se aportaron na reunión son positivos”, resume Román Santalla.

O sector espera ademais que a etiquetaxe do orixe do leite, que entra en vigor o próximo martes 22 de xaneiro, sirva para reducir as importacións de leite e produtos lácteos, de xeito que a produción estatal mellore o seu consumo interno.

Novos contratos
Así as cousas, por parte do sector produtor espérase que os novos contratos ofertados pola industria inclúan significativas subas, se ben algunha das industrias da que trascenderon as súas intencións só prevé unha suba dun céntimo, que se considera insuficiente polos gandeiros.

“Con los datos que se expusieron hoy en la reunión, quedó patente que la situación de precios en la distribución ha mejorado en los últimos meses y que las industrias también aumentaron sus márgenes de beneficio. El único eslabón que tiene menor margen es el ganadero, y por tanto no puede haber renovación de contratos sin una mejora del precio base”, advierte el secretario xeral de Unións, Roberto García.

“Cos datos que se expuxeron hoxe na reunión, quedou patente que a situación de prezos na distribución mellorou nos últimos meses e que as industrias tamén aumentaron as súas marxes de beneficio. O único eslabón que ten menor marxe é o gandeiro, e por tanto non pode haber renovación de contratos sen unha mellora do prezo base”, advirte o secretario xeral de Unións, Roberto García.

Os novos contratos entrarán en vigor maioritariamente a 1 de abril, polo que nas próximas semanas comezarán a perfilarse as ofertas das empresas. Por parte de Unións Agrarias espérase tamén unha pronta publicación do decreto que reforma o Paquete Lácteo e que lle dará maior capacidade de negociación ás organizacións de produtores.

En calquera caso, Santalla advirte de que as ganderías están nunha posición de fortaleza para negociar prezos. “Hai necesidade de leite e as perspectivas para o 2019 son boas, así que non hai problema de que as industrias ameacen con non recoller se non se asina o contrato. Non podemos asinar o primeiro contrato que nos presenten”, advirte Santalla.

Unións incide en que a industria ten marxe para mellorar os prezos do leite. Na reunión, o sector tamén lle demandou á distribución que lle traslade ó consumidor posibles subas futuras do prezo do leite no campo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información