“As industrias da madeira están comprometidas nas medidas fitosanitarias para frear ó nematodo”

A Federación de Aserradoiros e Rematantes de Galicia congrega a un cento de empresas nunha xornada sobre as medidas sanitarias precisas para a exportación de envases e embalaxes de madeira

“As industrias da madeira están comprometidas nas medidas fitosanitarias para frear ó nematodo”

Xornada sobre a normativa de sanidade vexetal no sector da madeira.

A recente publicación da auditoría europea que advirte de “importantes deficiencias” en Galicia no control da praga do nematodo do piñeiro suscita preocupación no sector forestal e, en particular, nos aserradoiros e nas industrias da madeira. Se a praga continúa o seu avance en Galicia, tanto propietarios forestais como empresas verán mermada a súa rendibilidade, o que leva á industria da madeira a ser firme na necesidade de axeitados controis.

O presidente da Federación de Aserradoiros e Rematantes de Galicia (Fearmaga), Elier Ojea, é contundente. “Fearmaga estudiará os casos nos que se demostre que houbo un comportamento inaxeitado e actuará en consecuencia para preservar os intereses e reputación do conxunto dos asociados”, manifestou Ojea este xoves en Santiago ante un cento de empresas da madeira que asistiu a unha xornada sobre a norma NIMF 15.

La norma NIMF 15 é a que regula o tratamento térmico que ten que seguir a madeira da zona demarcada polo nematodo e tamén toda madeira que se destine ó mercado internacional de envases e embalaxes.

A secretaria xeral de Fearmaga, Ana Oróns, afonda no impacto da praga do nematodo no sector: “Desde que se detectou por primeira vez a praga, as empresas da zona demarca sufriron unha perda de competitividade, pois limitouse o seu acceso a mercados exteriores e experimentaron un aumento de custos no procesado e tratamento da madeira” , recapitula Oróns.

Preguntada polas incidencias detectadas pola auditoría europea con empresas da madeira, Oróns sinala que unha mala praxe de “empresas puntuais” non representa ó conxunto do sector. “O conxunto do sector son as máis de 100 empresas que temos aquí que queren estar informadas dos avances lexislativos e de tódalas medidas precisas para a contención da praga. Desde Fearmaga non permitiremos que a mala praxe dunha ou dúas empresas poña en cuestión a boa imaxe do sector”, conclúiu.

Sobre as deficiencias detectadas pola auditoría europea no control da praga en monte por parte da Xunta, Oróns non se pronuncia: “Sabemos só o que saíu publicado nos medios e temos aínda que estudar a auditoría europea en profundidade”, valora.

De esquerda á dereita, Orlando Vázquez, xefe de Sanidade Vexetal de Medio Rural, Elier Ojea, presidente de Fearmaga, Carmen Díaz, xefa do Servicio de Prevención y Control Fitosanitario del Ministerio de Agricultura, Esperanza Pérez, técnico do Servicio de Prevención y Control Fitosanitario do Ministerio, e José Ángel González, técnico de Fearmaga.

De esquerda á dereita, Orlando Vázquez, xefe de Sanidade Vexetal de Medio Rural, Elier Ojea, presidente de Fearmaga, Carmen Díaz, xefa do Servicio de Prevención y Control Fitosanitario del Ministerio de Agricultura, Esperanza Pérez, técnico do Servicio de Prevención y Control Fitosanitario do Ministerio, e José Ángel González, técnico de Fearmaga.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información