A industria láctea española, agrupada na Federación Nacional de Industrias Lácteas (FENIL), anunciou hoxe que non recollerá o leite ás gandarías a partir de mañá xoves pola folga de transportes.
Desde a patronal láctea explican que esta decisión de debe a que “as fábricas viron interrompido a subministración dos insumos necesarios para a elaboración de produtos lácteos e tamén o traslado do produto terminado ás cadeas de distribución, polo que se anulou a capacidade de envasado e de almacenamento e xestión dun alimento altamente perecedoiro e esencial para o consumo diario”.
Recoñecen que esta decisión de paralizar a recollida “está acarredando consecuencias sociais, económicas e ambientais inevitables pois suporá a suspensión da recollida do leite nas explotacións gandeiras a partir de mañá e, sobre todo, ponse en risco o abastecemento de produtos nutricionalmente básicos na alimentación das persoas como son o leite e os lácteos”.
A FENIL anuncia que “soamente poderase reverter esta decisión á que se ve abocada o sector se se garante o dereito á mobilidade e a seguridade dos transportistas que non secundaron a folga, e evítanse conflitos de orde pública nas estradas españolas, circunstancia conjugable co respecto do dereito de folga”.