A industria láctea aumenta a produción para garantir o suministro aos supermercados

Naturleite, a planta de Meira que abastece a Mercadona, incrementou o envasado un 53% na última semana. Capsa informa tamén de que está a recibir un aumento da demanda e mantén a produción normal das súas plantas

A industria láctea aumenta a produción para garantir o suministro aos supermercados

Planta de Naturleite, en Meira.

A alta demanda de leite nos supermercados está a repercutir no traballo das factorías, que na medida do posible están reforzando a súa produción e os envíos de produtos ás cadeas de distribución. Naturleite (Covap), a firma que opera na factoría de Meira (Lugo) e que abastece a Mercadona, anuncia en nota de prensa que aumentou a súa produción esta semana un 53%.

A plantilla de Naturleite está a aumentar as horas do traballo e mesmo envasou este sábado, día no que tradicionalmente a planta permanecía parada. “Estamos producindo a pleno rendemento para dar cobertura á demanda do mercado”, destaca a empresa. O director xeral de Naturleite, Antonio Larrea, subliña “o esforzo que está facendo toda a cadea, en especial os gandeiros. A nosa produción non pode parar”, conclúe.

Larrea destaca que “en Naturleite estamos facendo todo o posible para aumentar a produción e responder con axilidade á demanda dos consumidores. Por suposto, os transportistas tamén están a traballar máis que nunca para levar os nosos produtos ós lineais de Mercadona”.

En Capsa, matriz de Central Lechera Asturiana e Larsa, trasládanlle ós medios de comunicación que seguen a traballar con normalidade en tódalas súas plantas co obxectivo de atender os aumentos da demanda que reciben das cadeas de supermercados.

Co fin de evitar que a crise do coronavirus poida ter impacto nas súas liñas de produción, a industria estableceu un protocolo de seguridade que inclúe a toma de temperatura de tódolos traballadores á entrada e á saída da factoría.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información