Increméntase un 35% o consumo de mel en España

A produción de mel en España creceu un 20 % na última campaña e superou as 33.000 toneladas, segundo un informe do Ministerio de Agricultura

IXP Mel de GaliciaA produción de mel en España na campaña de 2024 alcanzou 33.134 toneladas, un 20 % máis que en 2023 e a un nivel similar ao rexistrado en 2021, segundo un informe feito público hoxe polo Ministerio de Agricultura. Este repunte prodúcese tras dúas campañas consecutivas (2022 e 2023) con mínimos históricos de produción, provocados polos intensos períodos de seca.

A produción de cera, pola súa banda, mostra unha evolución máis estable, aínda que cun crecemento do 15 % respecto a a campaña anterior. En canto ao número de explotacións e ao censo de colmeas, ambos descenderon lixeiramente (-0,2 % e -0,8 %, respectivamente).

Destaca o elevado grao de profesionalización do sector: O 17 % das explotacións apícolas en España son profesionais (máis de 150 colmeas), unha porcentaxe moi superior á media da Unión Europea.

O consumo de mel nos fogares españois creceu de forma notable en 2024, ata situarse en 880 gramos por persoa, dato que supón un incremento do 35 % con respecto a 2023.

Este aumento do consumo contribuíu a reducir o nivel de autoabastecimiento, que se sitúa no 79,3 %. Por iso, rexistrouse un aumento das importacións de mel, tanto en volume como en valor, mentres que as exportacións descenderon. A Unión Europea mantense como o principal socio comercial de España.

En canto aos prezos en orixe, mantéñense na liña de campañas anteriores: 3,37 euros por quilo para o mel multifloral e 3,99 euros por quilo para a mielada.

O informe completo sobre a situación do sector apícola atópase dispoñible nesta ligazón.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información