Incorpórase o cálculo de secuestro de carbono das árbores nas solicitudes de corta

Incorpórase o cálculo de secuestro de carbono das árbores nas solicitudes de corta

Corta de madeira no monte. / Arquivo.

Medio Rural vén de incorporar novas informacións nas declaracións responsables e autorizacións de aproveitamentos de madeira que se levan a cabo en Galicia, co obxectivo de concienciar aos propietarios e xestores do monte sobre o papel do monte no secuestro de carbono da atmósfera.

A aplicación mediante a que se solicitan as cortas calcula agora as toneladas de carbono absorbidas pola plantación, afondando no feito de que os bosques son secuestradores masivos do CO2 que se emite á atmosfera. Ese dióxido de carbono absorbido da atmósfera queda trala corta almacenado tanto na madeira como no solo, polo que se considera que os aproveitamentos madeireiros teñen un papel importante na mitigación do cambio climático.

Por outra banda, a Xunta lembra que tras unha corta é obrigatorio en Galicia que os terreos forestais se rexeneren nun prazo máximo de dous anos desde o aproveitamento. Garántese así que non haberá deforestación, de xeito que os produtos madeireiros da comunidade se poidan catalogar como ‘produto libre de deforestación’, segundo sinala a Xunta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información