A incorporación de persoas migrantes no sector lácteo de Galicia, a debate este xoves en Vilalba

ROSY LANE HOLTEINS (Wisconsin) sala de muxidoEste xoves, 11 de decembro, celébrase na sede da Asociación de Empresarios de Vilalba (Lugo), unha xornada sobre “Oportunidades e desafíos para a atracción de talento e para a incorporación de persoal laboral no sector lácteo en Galicia”.

Neste encontro, organizado pola consultora Medrar Solutions en colaboración coa ONG Rescate, analizarase a situación laboral actual do sector lácteo galego, destacando casos de éxito na incorporación de traballadores migrantes. Contarase con intervencións de representantes do sector gandeiro e dos seus traballadores, así como da Administración, da Universidade e do ámbito empresarial.

Programa:

11:15  Benvida a os convidados

11:35 Intervención institucional de apertura

Carmen José López Rodríguez (Directora territorial da Consellería de Empleo, Comercio e Emigración. Xunta de Galicia). 

11:45 A Inserción laboral de persoas beneficiarias de Protección Internacional

Alberto Portuondo (Responsable de Prospección Empresarial e formación laboral ONG Rescate).

12:00 Coloquio:

 O futuro do talento na industria láctea galega: Desafíos, integración e remuda xeracional.

-Quico Ónega López (Investigador del Laboratorio do Territorio del Campus Terra, USC).
-David Seijas Vázquez (Presidente da Asociación Capital Humano).
-Ángel Algora Aizpurua (Director de Persoas e Acción Social en Aira).

12:45 Coloquio: 

Camiños que converxen: Integración de persoas migrante no rural dende diferentes perspectivas.

-Cruz Montes Diaz (Gandeira beneficiaria do programa).
-Harouna Sisoko (Beneficiario da ONG Rescate).
-Respresentante da ONG Rescate.

13:30 Peche institucional da sesión de traballo

José Tomé Roca (Presidente da Deputación de Lugo).

13:40   Aperitivo

Ligazón para inscribirse na xornada

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información