Inclúense os viños rosados na Denominación de Orixe Valdeorras

A Consellería de Medio Rural adapta os pregos de condicións e axusta parámetros para afrontar o impacto do cambio climático

Publicidade
Inclúense os viños rosados na Denominación de Orixe Valdeorras

Imaxe de arquivo.

A Consellería do Medio Rural publicou no Diario Oficial de Galicia unha resolución que modifica os pregos de condicións da Denominación de Orixe Valdeorras. Esta actualización, solicitada polo consello regulador e tramitada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria, introduce a posibilidade de elaborar viños rosados, ademais dos tradicionais brancos e tintos.

Entre as modificacións máis destacadas, axústanse parámetros analíticos co fin de adaptarse aos efectos do cambio climático. Así, rebáixase o límite de acidez total nos tintos e auméntase o límite máximo de sulfuroso total nos brancos, espumosos e tostados.

Ademais, modifícanse as descricións das características organolépticas dos viños para facelas máis obxectivas e realistas, co obxectivo de fuxir de descricións que dificultan o mantemento da norma ISO 17065 e das novas disposicións de verificación aprobadas para a verificación de aptitude impostas aos consellos reguladores galegos.

Outra novidade é a ampliación da produción de viños espumosos, pasando a elaborar así espumosos tintos e rosados a partir de uvas tintas autorizadas. Esta medida busca abrir o abano de produtos a amparar pola DO e mellorar a competitividade no mercado.

Finalmente, en relación aos viños tostados, redúcese a 30 días o tempo mínimo de pasificado baixo cuberta das uvas, anteriormente de 90 días. A gradación alcohólica mínima destes viños tamén se axusta, pasando de 13 a 11 graos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información