Inauguración da primeira base de medios aéreos transfronteirizos en Verín

Esta infraestrutura ten como obxectivo mellorar e intensificar a capacidade operativa de resposta na extinción de incendios forestais, consolidando os mecanismos de cooperación entre Galicia e o norte de Portugal

Publicidade
Inauguración da primeira base de medios aéreos transfronteirizos en Verín

O presidente Rueda durante a visita á base aérea transfronteiriza. / Fonte: Xunta de Galicia

Esta semana tivo lugar a inauguración da primeira base de medios transfronteiriza de Verín-Oímbra, a primeira transfronteiriza entre España e Portugal. Esta infraestrutura, enmarcada no Proxecto europeo Interlumes, ten como obxectivo mellorar e intensificar a capacidade operativa de resposta na extinción de incendios forestais, consolidando os mecanismos de cooperación entre Galicia e o norte de Portugal.

A base aérea de Verín-Oímbra, na que se investiron preto de 5,5 millóns de euros, –obra cofinanciada polo programa Interreg POCTEP–, está orientada principalmente aos traballos de extinción de incendios. Así, nela poden operar helicópteros e avións de carga en terra. O aeródromo dispón dunha plataforma de estacionamento para seis aeronaves de carga en terra e o heliporto para catro helicópteros, cunha pista de aterraxe que mide 1.200 metros. Ademais, conta con catro depósitos de auga e instalacións de carga de combustible.

Así mesmo, as instalacións incorporan unha torre de control e un edificio de descanso con tres zonas diferenciadas, para pilotos de avións, para pilotos de helicópteros e para brigadas contra incendios.

“Ogallá que non sexa necesario utilizalas moito, pero cando sexa necesario teremos esta base, estes medios e a magníficos profesionais que van poder actuar a un lado e outro da fronteira”, apuntou durante unha visita ás instalacións na que estivo acompañado pola conselleira do Medio Rural, María José Gómez. Así mesmo, puxo estas instalacións como exemplo de integración e dinamismo froito da cooperación co país luso.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información