Importes provisionais das axudas asociadas para gandarías de vacún de leite en 2020

Importes provisionais das axudas asociadas para gandarías de vacún de leite en 2020

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) publicou este venres os importes provisionais das axudas asociadas da PAC para gandarías de vacún de leite na campaña 2020.

Diferéncianse dúas liñas de subvención, segundo se trate de explotacións situadas na rexión España Peninsular ou na rexión Insular e Zonas de Montaña. A dotación orzamentaria para a campaña 2020 ascende a 60.114.000 euros para a rexión España Peninsular e 31.238.000 euros para a rexión Insular e zonas de montaña.

En canto á axuda, fixáronse os seguintes importes unitarios provisionais:

-Axuda destinada ás primeiras 75 vacas das explotacións de vacún de leite situadas na rexión España Peninsular: 129,08 euros por animal.

-Axuda destinada ás primeiras 75 vacas das explotacións de vacún de leite situadas na rexión Insular e Zonas Montaña: 148,26 euros por animal.

– Axuda destinada ás vacas distintas das 75 primeiras, das explotacións de vacún de leite situadas na rexión España Peninsular: 64,54 euros por animal.

-Axuda destinada ás vacas distintas das 75 primeiras, das explotacións de vacún de leite situadas na rexión Insular e Zonas Montaña: 74,13 euros por animal.

-Axuda para os gandeiros de vacún de leite que tiveron dereitos especiais en 2014 e non dispoñen de hectáreas admisibles para a activación de dereitos de pago básico: 168,67 euros por animal.

As comunidades autónomas poderán realizar o pago de anticipo antes do 1 de decembro de 2020 destas axudas ao sector lácteo, que poderá alcanzar até o 70 % do pago total.

Con posterioridade, as comunidades autónomas comunicarán de novo ao FEGA, antes do 15 de marzo de 2021, o número total de animais determinados para o pago das axudas, con obxecto de poder calcular o importe unitario definitivo a aplicar, tanto aos pagos pendentes como aos pagos complementarios aos xa realizados con este importe unitario provisional. En todo caso, recalcar o carácter provisional do importe unitario establecido de cara o pago do anticipo.

“Coa información que remitan as comunidades autónomas correspondente ao número total de animais determinados para o pago da axuda en marzo do ano próximo, o importe unitario definitivo que se calcule a partir destes novos datos podería variar respecto o importe provisional, e non sempre tería que facelo á alza”, lembran desde o FEGA.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información