Importes provisionais das axudas asociadas para gandaría

Importes provisionais das axudas asociadas para gandaría

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) difundiu este martes as contías provisionais das axudas asociadas 2019 para ovino, vacas nutrices, caprino, vacún de leite e para as explotacións de ovino e caprino que mantiveron dereitos especiais en 2014.

En todos os casos, as comunidades autónomas poderán realizar o pago de anticipo das axudas asociadas antes do 1 de decembro de 2019, que poderá alcanzar até o 70 % do pago total.

Os importes unitarios provisionais das axudas axustadas á gandaría son os seguintes:

-Explotacións de vacún de leite: na rexión España Peninsular, 124,53 euros/animal para as primeiras 75 vacas e 63,07 euros/animal para o resto; na rexión Insular e Zonas de Montaña, 136,80 euros/animal para as primeiras 75 vacas e 70,94 euros para o resto.

-Axuda aos gandeiros de vacún de leite con dereitos especiais en 2014 e sen hectáreas admisibles para activar dereitos de pago básico: 173,18 euros/animal.

-Explotacións que manteñan vacas nutrices: 91,38 euros/animal na rexión peninsular e 160,28 euros/animal na rexión insular.

-Explotacións de ovino: 11,79 euros/animal na rexión peninsular e 20,82 euros/animal na rexión insular.

-Explotacións de caprino: 7,02 euros/animal na rexión peninsular e 8,83 euros na rexión insular.

-Axuda aos gandeiros de ovino e caprino con dereitos especiais en 2014 e sen hectáreas admisibles para activar dereitos de pago básico: 36,44 euros/animal.

Máis adiante fixarase tamén o importe provisional da axuda axustada ao vacún de cebo.

Documentos de cada unha das axudas:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información