Importe provisional das axudas asociadas para as gandarías que mantiveron dereitos especiais en 2014

O Fondo Español de Garantía Agraria acaba de facer públicos os importes unitarios provisionais da Axuda Asociada da PAC para as explotacións de ovino, caprino, vacas de carne, vacún de leite e para as explotacións de ovino e caprino que mantiveron dereitos especiais en 2014.

Estes son os importes unitarios provisionais para a campaña 2021 nos distintos sectores:

Vacún de leite:

-Axuda destinada ás primeiras 75 vacas das explotacións de vacún de leite situadas na rexión España Peninsular: 128,27 euros por animal.

-Axuda destinada ás primeiras 75 vacas das explotacións de vacún de leite situadas na rexión Insular e Zonas Montaña: 151,55 euros por animal.

-Axuda destinada ás vacas distintas das 75 primeiras, das explotacións de vacún de leite situadas na rexión España Peninsular: 64,13 euros por animal.

-Axuda destinada ás vacas distintas das 75 primeiras, das explotacións de vacún de leite situadas na rexión Insular e Zonas Montaña: 75,776 euros por animal.

-Axuda para os gandeiros de vacún de leite que tiveron dereitos especiais en 2014 e non dispoñen de hectáreas admisibles para a activación de dereitos de pago básico: 168,37 euros por animal

Vacún de carne:

-Para a rexión España Peninsular: 84,988793 €/animal

– Para a rexión Insular: 135,541245 €/animal

Ovino:

– Explotacións de Ovino en Rexión Peninsular: 11,579439 €/animal

– Explotacións de Ovino en Rexión Insular: 19,972225 €/animal

Caprino:

-Explotacións de Caprino en Rexión Peninsular: 6,398940 €/animal

-Explotacións de Caprino en Rexión Insular e Zonas de Montaña: 8,182593 €/animal

Ovino e caprino dereitos especiais:

– 35,369778 €/animal.

As comunidades autónomas poderán realizar o pagamento de anticipo antes do 1 de decembro de 2021 destas axudas, que poderá alcanzar até o 70 % do pago total. Con posterioridade as comunidades autónomas comunicarán de novo ao FEGA, antes do 15 de marzo de 2022, o número total de animais determinados para o pago das axudas, con obxecto de poder calcular o importe unitario definitivo a aplicar, tanto aos pagos pendentes como aos pagos complementarios aos xa realizados con este importe unitario provisional.

Recalcar o carácter provisional do importe unitario establecido de cara o pago do anticipo. Coa información que remitan as comunidades autónomas correspondente ao número total de animais determinados para o pago da axuda en abril do ano próximo, o importe unitario definitivo que se calcule a partir destes novos datos podería variar respecto o importe provisional, e non sempre tería que facelo á alza.

Máis información nesta ligazón

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información