Importe provisional das axudas asociadas para gandarías de ovino e caprino na campaña 2020

Importe provisional das axudas asociadas para gandarías de ovino e caprino na campaña 2020

Cabras na gandería Cabuxa Natur

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) publicou este venres o importe provisional da axuda asociada da PAC para as gandarías de ovino e caprino neste 2020.

Para as gandarías de caprino fixáronse os seguintes importes provisionais:

– Explotacións de Caprino en Rexión Peninsular: 6,57 €/animal
– Explotacións de Caprino en Rexión Insular e Zonas de Montaña: 8,09 €/animal

En canto ao gando ovino, os importes provisionais fixados polo FEGA para a campaña da PAC 2020 son os seguintes:

– Explotacións de Ovino en Rexión Peninsular: 11,60 €/animal
– Explotacións de Ovino en Rexión Insular: 19,99 €/animal

Axudas para gandeiros que mantiveron dereitos especiais en 2014

Por outra banda, o FAGA fixou o importe provisional da axuda asociada para os gandeiros de ovino e cabrún que mantiveron dereitos especiais en 2014 e non dispoñen de hectáreas admisibles para a activación de dereitos de pago básico.

Para esta axuda en 2020, disponse dun límite orzamentario asignado de 30.155.000 euros e fixouse un importe unitario provisional de 36,30 €/animal.

As comunidades autónomas poderán realizar o pago de anticipo destas tres axudas antes do 1 de decembro de 2020, que poderá alcanzar até o 70 % do pago total. Con posterioridade as comunidades autónomas comunicarán de novo ao FEGA, antes do 15 de marzo de 2021, o número total de animais determinados para o pago da axuda, con obxecto de poder calcular o importe unitario definitivo a aplicar, tanto aos pagos pendentes como aos pagos complementarios aos xa realizados con este importe unitario provisional.

Recalcar o carácter provisional do importe unitario establecido de cara ao pago do anticipo. Coa información que remitan as comunidades autónomas correspondente ao número total de animais determinados para o pago da axuda en marzo do ano próximo, o importe unitario definitivo que se calcule a partir destes novos datos podería variar respecto o importe provisional, e non sempre tería que facelo á alza.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información