O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) publicou este luns o importe provisional fixado para a axuda asociada a aquelas gandarías que ceben tenreiros.
En concreto, establecéronse os seguintes importes unitarios provisionais:
– 27,586451 €/animal para os tenreiros cebados na mesma explotación de nacemento na rexión España Peninsular.
-15,055169 €/animal para os tenreiros cebados que proceden doutra explotación na rexión España Peninsular.
– 66,764490 €/animal para os tenreiros cebados na mesma explotación de nacemento na rexión Insular.
45,829291 €/animal para os tenreiros cebados que proceden doutra explotación na rexión Insular.
Axuda por Dereitos Especiais en 2014
Por outra banda, o FEGA tamén publica o importe provisioal da axuda asociada para os gandeiros de vacún de cebo que mantiveron dereitos especiais en 2014 e non dispoñen de hectáreas admisibles para a activación de dereitos de pago básico.
Na campaña 2021, o número de animais comunicados polas comunidades autónomas que cumpren os requisitos establecidos para percibir a axuda ascende a 29.686, segundo se desagrega a continuación por comunidades autónomas, o que supón que o importe unitario provisional quede fixado en 47,598194 €/animal.
Con estes importes unitarios provisionais, poderase realizar un primeiro pago da axuda asociada correspondente, que non poderá superar o 90% do total a pagar, e a condición de que se finalizaron os controis administrativos e sobre o terreo.
Con posterioridade, as comunidades autónomas comunicarán de novo ao FEGA, antes do 30 de abril de 2022, o número total de animais determinados para o pago da axuda, con obxecto de poder calcular o importe unitario definitivo a aplicar, tanto aos pagos pendentes como aos pagos complementarios aos xa realizados con este importe unitario provisional.